RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Empate que sabe a pouco do Deportivo ABANCA B en Mos

O Deportivo ABANCA B logrou un empate (1-1) que sabe a pouco no campo das Baloutas ante o UD Mos. As branquiazuis foron moi superiores ás pontevedresas e gozaron das oportunidades máis claras para traerse os tres puntos en xogo.

Tati adiantou ao Deportivo ABANCA B con toda xustiza no minuto 68. No entanto, cando todo parecía encarrilado, o UD Mos logrou o empate no minuto 80, practicamente no seu único disparo entre os tres paus da meta defendida por Jessica.

Co resultado deste partido correspondente á 4ª xornada, o conxunto deportivista marcha terceiro na táboa do subgrupo A do grupo 1º de Primeira Nacional con 7 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Navia, Sara Álvarez, Paula Novo, Rivas, Nuria Torres, María Figueroa, Tati, Marta Rico, Carlota e Andrea Ansede. Tamén xogaron: Lucía, María Calvo, Ale Fente e Uxía Cabada.

O vindeiro sábado 21 de novembro ás 16:30, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao CD Valladares.

Os resultados do Dépor ABANCA B en liga son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 9 (Aroa -4-, Eva Dios -2-, María Calvo -2- e Navia) - Umia CF 0
Viajes InterRías FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (María Calvo, Carlota e unha futbolista rival en propia meta) - Victoria FC 1
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)