RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Ensaio xeral para Eibar "ao 100% para seguir nesta liña"

O Deportivo realizou esta mañá un ensaio xeral de cara ao encontro deste sábado 27 de setembro ás 18:30 (Liga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ante a SD Eibar en Ipurúa.

Após unha activación, Antonio Hidalgo dispuxo un partido once contra once en espazos amplos no campo 2.

Giacomo Quagliata, con dous ascensos á Serie A italiana ás súas costas, pide ir "partido a partido, traballar pensando no seguinte e dar o 100% para seguir nesta liña".

Coa ausencia de David Mella, no Mundial sub-20 de Chile; José Gragera foi o único futbolista con adestramento personalizado.

Precisamente sobre o canteirán, Quagliata afirma que "perdemos un mozo importante que o estaba facendo moi ben pero temos a fortuna de contar cun cadro coas posicións ben cubertas e sexa quen sexa o que xogue no seu lugar farao moi ben".

Samu, Fabi e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este venres, Os Nosos adestraranse ás 10:00 en Abegondo, media hora antes do habitual. Ao concluír, os convocados partirán de viaxe en autocar a Vitoria, cuartel xeral do Dépor de cara ao choque ante a SD Eibar.