RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Esixente test para Portugal e Inês Pereira con dobre amigable ante Estados Unidos, vixente campión olímpico

Inês Teixeira Pereira (Sintra, Lisboa, 26 de maio de 1999) foi convocada coa selección portuguesa de fútbol para disputar dous partidos amigables ante Estados Unidos.

A gardameta deportivista concentrarase o luns 20 de outubro e viaxará o martes ás 10:25 (hora lusa) ao país americano.

As norteamericanas son as vixentes campioas olímpicas após derrotar na final dos Xogos de París 2024 a Brasil. En total lograron en 5 ocasións a medalla de ouro e ademais son 4 veces campioas do mundo.

O calendario de partidos de Inês Pereira é o seguinte:

Xoves 23 de outubro
19:00 (hora local, 1:00 do venres 24 en Galicia): ESTADOS UNIDOS - PORTUGAL no Estadio Subaru Park en Chester (Pensilvania)

Domingo 26 de outubro
16:00 (hora local, 22:00 en Galicia): ESTADOS UNIDOS - PORTUGAL, no Estadio Pratt & Whitney East Hartford (Connecticut)

Finalizado este encontro, Inês Pereira regresará a Portugal, con chegada a Lisboa ás 10:15 (11:15 hora galega) do luns 27 de outubro.