RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS21 mar 2025

Fran Alonso lembra que "dependemos de nós mesmas"

Fran Alonso lembrou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "dependemos de nós mesmas. Se seguimos crecendo, se seguimos mellorando independentemente do resultado da fin de semana temos suficientes recursos para cumprir o obxectivo".

Insiste en que "temos plena confianza pero temos que gañala nós. Ninguén nos vai a regalar nada".

O técnico deportivista asegura que o Dépor ABANCA encara o partido de mañá sábado 22 de marzo ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o UD Costa Adeje Tenerife Egatesa "con moitísima ilusión porque o equipo está a crecer, está a competir moi ben. Na ida fixemos unha primeira parte espectacular onde tivemos mala sorte con algunha decisión e onde fallamos algunha que outra ocasión clara para irnos ao descanso cun resultado moito máis avultado. Pasounos o que nos ocorreu contra o Real Madrid. Concedemos un gol e o equipo non soubo sobreporse a ese pau".

Advirte que "agora temos unha confianza moito maior. Melloramos moitísimos aspectos, non só o psicolóxico; e temos máis armas para contrarrestar unha posible decepción durante o partido".