
DÉPOR ABANCA · 11 ABRIL 2025
FRAN ALONSO: "TEMOS CONFIANZA NO TRABALLO QUE ESTAMOS A FACER A DIARIO, CONFIANZA NO GRUPO"
Fran Alonso admitiu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "cando empezamos a traballar xuntos o equipo sufría desa debilidade mental, esa falta de confianza; e partidos que empezaramos moi ben ou iamos gañando ao final concediamos un gol e o equipo baixaba un pouco os brazos. Iso corrixiuse".Cre que "desde Tenerife o equipo sempre competiu, remontamos varias veces como ante a Real Sociedad. Agora temos unha fortaleza mental. O outro día perdemos 2-0 pero unha das razóns pola que perdemos é por tentar ser moi agresivas. O equipo ten unha mentalidade de ir gañar ou a puntuar en todos os partidos e se hai unha situación desfavorable mañá en ABANCA-RIAZOR ímonos a saber sobrepor a iso".Asegura o técnico deportivista que "temos confianza no traballo que estamos a facer a diario, confianza no grupo. A última derrota non nos afectou animicamente porque sabiamos que era un campo dificilísimo contra un rival nun estado de forma moi bo. Corriximos problemas que vimos nese partido e agora somos máis fortes porque nos levamos esas leccións".Ve ao seu equipo "pase o que pase mentalmente forte sobre todo en #ANOSACASA con #ANOSAFORZA. Aí sentímonos sempre fortes independentemente do rival ao que nos enfrontamos".O preparador branquiazul sostén que "para nós é espectacular poder xogar en casa ante a nosa xente. É certo que o clima non axudou no último partido pero agora temos moi bo clima. O partido é moi importante, cada vez damos un pasiño máis para tentar conseguir ese obxectivo e #ANOSAFORZA é clave. As xogadoras están a desexar xogar o partido e veñan os que veñan sempre nos apoian".Finalmente do FC Levante Badalona, rival mañá sábado 12 de abril ás 16:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR, Fran Alonso opina que "é un equipo cun talento incrible, sobre todo en xogadoras de ataque, internacionais españolas. É un equipo con moitísima creatividade, non necesitan xogar ben para sacar puntos ou para crear ocasións de gol. Presionan moi ben e moi alto pero se logras romper esa liña de presión é un equipo ao que lle podes facer dano".Pide "uns niveis de concentración moi altos para que non che fagan dano. Xogando en ABANCA-RIAZOR ante #ANOSAFORZA espero que teñamos ese plus para poder superar as habilidades do rival e conseguir os 3 puntos".

O Dépor ABANCA arrinca o último mes de liga este domingo 3 de...

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center