RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Germán Parreño: "Estamos no Dépor e a Copa é moi importante"

Germán Parreño manifestou após recibir o Premio EstrelLa Galicia ao mellor xogador branquiazul no mes de novembro que "estamos no Dépor e a Copa é moi importante para nós", en referencia aos títulos conseguidos polo Club en 1995 e 2002.

Nesta liña, asegura que o equipo afronta o choque copeiro deste xoves 4 de novembro ás 19:00 (TVG) na Nova Creu Alta ante o CE Sabadell FC "coa máxima esixencia, estando moi concentrados e sabendo que Sabadell non é pedra fácil nin moito menos. Até hai 2 días era o único equipo imbatido en Europa. Dicindo isto xa vemos o que temos diante".

Así pois, o porteiro deportivista advirte que "temos que dar o máximo para seguir. Temos un cadro longo de sobras, preparado para afrontar calquera partido con 2, 3 días entre un e outro, coa máxima esixencia".

Preguntado pola liga, Germán confesa que "non mira nada" a clasificación de LaLiga Hypermotion. "Canto máis me centro no que teño diante, no que me vén agora mesmo, sacas máis rendemento. As cábalas, e máis agora, non nos serven para nada", engade.

Lembra que "cada rival che pon as cousas moi difíciles na liga, na Copa del Rey. Hai moita tea por cortar".

Finalmente Germán admite que está no seu mellor momento da súa carreira profesional: "Estou ben, sinto a gusto, máis maduro. Estou a traballar unha chea, máis que nunca. E que siga así".