RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Longa semana de adestramentos para Os Nosos, "con moita marxe de mellora", con final en Leganés o luns 1 de setembro

Os Nosos comezan este mércores unha longa semana de adestramentos para preparar a seguinte cita ligueira, o luns 1 de setembro ás 21:30 no campo de Butarque ante o CD Leganés.

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante o Burgos CF, deixou ao Dépor en 8ª posición con 4 puntos.

Miguel Loureiro ve ao equipo "nunha liña ascendente. Podo entender que a vitoria do outro día pode xerar moitas expectativas pero esta é unha categoría de ir pasiño a pasiño, de manter os pés na terra porque a maioría dos partidos van ser moi incómodos, moi difíciles. Practicamente todos os rivais teñen as expectativas moi altas".

O defensor deportivista pide "tranquilidade, calma. Este equipo ten moita marxe de mellora. Imos seguir traballando, coñecéndonos".

Nesta liña, lembra que "chegamos moita xente nova. Temos que adaptarnos, coñecer ao resto de compañeiros. Iso vainos a facer xerar máis química entre nós, que vaian xurdindo sinerxías entre compañeiros que se poidan aproveitar".

Loureiro tamén cre necesario "entender a contorna no que imos competir", en referencia ao ambiente de ABANCA-RIAZOR. "Aos poucos co paso dos partidos irémolo conseguindo. Teño moita confianza, as cousas están a facerse ben. O traballo está a ser bo. Hai que ir paso a paso, ser positivos e as cousas van ir ben", concluíu.

Con tantos días por diante, Antonio Hidalgo disporá de 5 sesións de traballo en Abegondo ás 10:30 salvo a do domingo 31 de agosto, que se adianta ás 10:00 porque ao concluír, os convocados partirán de viaxe a Leganés por estrada.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 27 de agosto
10:30 h.

Xoves 28 de agosto
10:30 h.

Venres 29 de agosto
10:30 h.

Sábado 30 de agosto
10:30 h.

Domingo 31 de agosto
10:00 h.

Luns 1 de setembro
21:30: CD Leganés - Deportivo, en Butarque