RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Lucas Noubi, que regresa á Coruña este mércores ao mediodía, seguiu desde o banco o triunfo de Bélxica sub-21 sobre Dinamarca

Lucas Noubi estivo concentrado coa selección belga sub-21  para dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría previstos nesta xanela de seleccións.

No segundo deles, este martes 14 de outubro, Bélxica venceu por 2-0 a Dinamarca en Westerlo.

O central deportivista non tivo minutos.

No primeiro dos dous encontros, o pasado venres 10 de outubro no Estadio Rodney Parade en Newport, golearon os belgas por 0-7 a Gales.

O futbolista do Dépor tamén seguiu o xogo desde o banco e non chegou a saltar ao céspede.

Con estes resultados, Bélxica suma 7 puntos e sitúase á fronte do grupo I.

Lucas Noubi ten previsto chegar á Coruña de regreso este mércores ao mediodía e incorporarse o xoves aos adestramentos co Dépor.

Os resultados de Lucas Noubi con Bélxica sub-21 foron os seguintes:

Venres 10 de outubro
GALES 0 - BÉLXICA 7

Martes 14 de outubro
BELGICA 2 - DINAMARCA 0