RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Lucía Martínez admite que o empate ante o Atlético serviu para "coller aire"

Lucía Martínez foi a protagonista este mediodía na sala de prensa do Dépor Training Center.

Admitiu que "levamos 2 ou 3 xornadas con sensacións agridoces. Na última o Atlético propúñanos un partido serio e complicado; e o equipo responde cun moi bo nivel fronte a elas. Isto fai que melloren as nosas sensacións".

Nesta linea, asegura que "para irnos ao parón o empate axudounos e afrontar as seguintes semanas con máis ilusión".

A centrocampista branquiazul pensa que "ter boas sensacións contra un moi bo rival fai que as expectativas se serenen, que se acougue a incerteza por unha dinámica irregular; e anímanos a coller aire e a afrontalo doutra maneira para mellorar pequenas cousas e continuar no proceso de mellorar".

Lucía Martínez afirma que "a pretemporada foi moi boa. É verdade que non deixa de ser un escenario irreal porque tiñamos equipos que non estaban tan rodados como nós. Empezamos con moi ben a temporada. Collemos unha xeira boa, logo desinflámonos un pouquiño pero son moitas xornadas, é moi larga a competición. Haberá momentos con dinámica positiva e non podemos afundirnos cando teñamos partidos un pouco regulares".

Finalmente insiste en "dar pequenos pasos para tentar ser máis combinativo e menos directos. Ter a posibilidade de utilizar ambos os escenarios é o que nos vai a facer mellorar", conclúe.