RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo admite que "nos custa ler cando temos que ter máis paciencia con balón"

Manuel Pablo asegurou en rolda de prensa que no Fabril "estamos a tentar corrixir cousas. A nivel mental estamos tranquilos pero si que é verdade que no último partido (ante a UD Ourense) por esas ansias de gañar non soubemos ler o partido. Eu o primeiro".

Nesta liña, o técnico deportivista admite que "nos custa ler cando temos que ter paciencia máis con balón. Partímonos demasiado. Pásanos aos equipos filiais moito que non sabemos ter tranquilidade con balón".

Ao técnico fabrilista non lle sorprende a traxectoria do Bergantiños CF, rival este domingo 9 de novembro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias porque "ten moi bos xogadores. Ao principio tivo lesións nos laterais e custoulles un pouco pero ten bos xogadores. Levan 2 anos facendo as cousas moi ben alí non só a nivel de estrutura, tamén a nivel deportivo".

Manuel Pablo engade que o rival é "un conxunto moi compacto. Tanto en ataque como en defensa sempre ten as liñas moi xuntas, defendendo moita xente ás veces por detrás da pelota pero ás veces van presionar arriba. Con pelota ten moita mobilidade, por dentro ten xogadores de calidade, boa saída de balón con Fito pero sobre todo é un equipo compacto tanto en ataque como en defensa".