RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo advirte que a Gimnástica Segoviana "vainos a esixir o máximo en moitos sentidos"

Manuel Pablo subliñou este venres 21 de novembro na sala de prensa do Dépor Training Center que "sempre necesitas gañar pero contra o Bergantiños CF volvemos ser un pouco máis nós, sen volvernos tan tolos, tendo un pouco máis de control. O outro día (en Sámano) a situación era a mesma de tentar xogar, de tentar ter o control. E a partir de aí ir crecendo".

Cualifica o partido ante a Gimnástica Segoviana CF, rival este domingo 23 de novembro ás 18:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias, como "complicado porque é un rival moi forte. É dos grandes favoritos para estar arriba, con moito ritmo, con capacidade para idas e voltas constantes, capacidade de controlar o balón, moitas mobilidades... Pero sobre todo son moi constantes no que fan, na presión alta, no ritmo de xogo".

Con todo iso, o técnico fabrilista advirte que "nos vai a esixir o máximo en moitos sentidos".