RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo alerta que "non nos podemos despistar, nin crernos que vai ser fácil"

Manuel Pablo advertiu do UP Langreo, rival este sábado 11 de outubro ás 16:15 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias, que "ten xogadores con experiencia, que xogaron mesmo en Primera División. É verdade que non arrincaron ben. Ten o mesmo adestrador que o ano pasado. Aquí ninguén che regala nada; e non nos podemos despistar, nin crernos que vai ser fácil".

Insiste o técnico fabrilista en "seguir coa nosa idea, de seguir sendo competitivos, de ir a por o partido e non pornos nin nerviosos nin intranquilos".

Finalmente apunta Manuel Pablo que a pesar da xeira de 5 partidos consecutivos gañando, "temos vídeo moitas semanas para corrixir cousas que non se fixeron ben a pesar da vitoria. Esixímoslles moito no adestramento. Estamos moi encima dos xogadores todo o día. É a maneira que nós cremos para que non se despisten. Coas vitorias estamos sempre un pouco máis relaxados e máis distendidos pero nós tentamos que sexa unha semana máis e que nos centremos no partido do sábado".