RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo cualifica como "un premio para toda a canteira" o debut no primeiro equipo de Pablo García e Fabi

Manuel Pablo asegura que o Fabril se tomou estes dous últimos partidos sen gañar (ante o CD Lealtad e fronte ao Oviedo Vetusta) "con tranquilidade. Foron dous resultados negativos pero o equipo sempre deu a cara. O outro día (fronte aos carbayones no campo Arsenio Iglesias) a pesar de que ofensivamente non estivemos ben, estivemos sempre no partido, competimos moi ben contra un moi bo equipo. O acerto dun decantou o resultado".

Insiste en "seguir na mesma liña pero mellorando. En ataque custounos máis".

Do rival deste sábado 1 de novembro ás 16:30 no Couto, a UD Ourense, opina que "está a facer as cousas ben. Vén do desgaste de Copa pero en boa liña de resultados. Temos que seguir coa nosa idea de querer ir a por os partidos e nesa faceta ofensiva, mellorar".

Advirte que a UD Ourense "sorprendeume. Está a xogar ben, tenta saídas de balón en curto... Van en boa liña. Encaixa pouco, todos os partidos son pola mínima e está a traballar bastante ben".

Non oculta a súa preocupación polo estado do campo do Couto porque "xa vimos nos dous partidos de Copa que o campo acabou bastante mal. Imos ver se se pode recuperar algo".

Finalmente, preguntado sobre o debut de Pablo García e Fabi co primeiro equipo, este xoves en Copa del Rey en Castro Urdiales ante a UD Sámano, apunta que "aínda que miramos a clasificación, o traballo de #ANOSACANTEIRA é que os xogadores poidan achegar ao primeiro equipo. Así que é un premio de toda a canteira. Nós somos o último elo para que eses xogadores cheguen ao primeiro equipo".