RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo: "Temos que ser reconocibles, non baixar nin un momento, seguir coa nosa idea de xogo"

Manuel Pablo destaca do triunfo da pasada fin de semana en Astillero ante o Rayo Cantabria que "soubemos reaccionar dúas veces e na segunda parte demos un paso adiante. Como viamos que estabamos ben fomos a pola vitoria que ás veces chega e ás veces non. Pero o importante é as sensacións e ser reconocibles".

Preguntado polos goles de Bil, o técnico fabrilista di do dianteiro camerunés que "está a dar un rendemento moi bo"; aínda que, iso si, advirte que "ao final o que mete o gol é o que sae no portadas pero é un traballo colectivo que estamos a facer ben".

Do Atlético Astorga FC, rival este sábado 4 de outubro ás 17:30 no campo de La Eragudina, apunta que "vén coa moral alta porque acaba de gañar o seu primeiro partido. O campo nos vídeos parece que está un pouco irregular pero a nivel mental témonos que preparar porque van tentar ser os primeiros que nos consigan bater".

Finalmente, Manuel Pablo pide "seguir na nosa liña se queremos seguir coa xeira. O outro día xa nos competiron moi forte, o día do Salamanca CF UDS xa vimos aínda que tivemos os nosos momentos moi bos para gañar antes o partido. Isto está no acerto que poidas ter. Temos que ser reconocibles, non baixar nin un momento, seguir coa nosa idea de xogo e despois se perdes xa é por toma de decisións finais. Pero para min é importante ter a nosa idea até o final".