RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA cítase este sábado en ABANCA-RIAZOR co DUX Logroño "con moitas ganas de maquillar unha actuación que é inaceptable"

O Dépor ABANCA cítase este sábado 11 de outubro ás 19:09 (Dazn) co DUX Logroño, en partido correspondente á 7ª xornada en Liga F.

As Nosas, coa derrota da pasada fin de semana ante o Alhama CF, afrontan o choque con 5 puntos na 11ª posición.

Fran Alonso, en rolda de prensa no Dépor Training Center, asegurou que o equipo está "con moitas ganas de maquillar unha actuación que non estamos contentas, que é inaceptable".

Insiste en que o equipo quere "reverter esta mala serie e dar unha alegría a #ANOSAFORZA. Así que o partido é moi importante e estamos con moita ilusión para afrontalo".

É baixa para o encontro por lesión Espe Pizarro, que "está xa no campo, aínda en fase de recuperación", segundo apuntou o adestrador deportivista.

Por contra, Fran Alonso poderá contar coas dúas futbolistas, Elena e Redru, que estiveron boa parte da semana adestrando coa selección española sub-19.

Pola súa banda, o DUX Logroño, que a pasada fin de semana empatou (1-1) no seu campo co Granada CF, é 14º con 3 puntos.

Lonxe do seu campo esta temporada as rioxanas caeron co FC Barcelona (4-0) e empataron co FC Badalona Women (0-0).

Finalizado o encontro, As Nosas adestraranse de novo o domingo 12 de outubro ás 10:30 no Dépor Training Center.