RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor arrinca a semana con Antonio Hidalgo "apertándonos máis que nunca"

Despois da xornada de descanso de onte martes, o Dépor puxo en marcha este mércores a preparación do partido ante o Real Valladolid en ABANCA-RIAZOR previsto para este domingo 26 de outubro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas).

Diego Villares confesou na sala de prensa do Dépor Training Center que "despois dunha derrota o míster tenta espremerche máis, tenta que deas un puntiño máis se cabe. Está a nos apertar máis que nunca. Nós esixíndonos aos máximo uns a outros e cada un a si mesmo".

O equipo arrincou na sala de vídeo aínda que o capitán deportivista explicou que "de momento non puidemos falar nada do Real Valladolid. Será nos últimos días de semana cando preparemos o partido a nivel táctico e falaremos máis profundamente sobre eles".

A continuación, xa sobre o céspede, o cadro iniciou o traballo no campo 3 cunha activación e un exercicio de posición con porterías pequenas en espazo corto.

Xa no campo 2 houbo unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Están con adestramento personalizado Ximo Navarro, Daniel Bachmann e Sergio Escudero.

Preguntado polas baixas, especialmente a de Ximo, admite Villares que "é un xogador que por banda entra moito, pode adaptarse a varias alturas no campo, a varios modelos de xogo. É unha baixa sensible pero temos compañeiros con moita calidade para ocupar ese sitio, caso de Mella, Lucas, Loureiro..."

Lembra que as ausencias por lesión é "algo que está no día a día no futbolista. Hai que convivir con iso e traballar para que sucedan as menos posibles".

Hugo Ríos, Samu e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Os Nosos adéstranse de novo este xoves 23 de outubro a partir das 10:30 no Dépor Training Center.