RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor "segue adiante, facendo o que viñemos facendo até agora" nunha nova semana de competición con final en El Sardinero

O Dépor, este martes 14 con xornada de descanso, "segue adiante, pensando en nós, facendo o que viñemos facendo até agora que nos foi ben" tal e como manifestou Dani Barcia en La Rosaleda, nunha nova semana de competición que arrinca este mércores 15 e concluirá ante o Real Racing Club en El Sardinero o domingo 19 de outubro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas).

Sergio Escudero, tamén na zona mixta de La Rosaleda, pide "recuperar ben, traballar durante toda esta semana e preparar o partido coas máximas garantías de volver á vitoria".

Os resultados da última xornada, coa derrota ante o Málaga CF, deixaron a Os Nosos na 2ª posición de LaLiga Hypermotion con 16 puntos.

Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de traballa nos campos 2 e 3 do Dépor Training Center, con esta planificación:

Mércores 15 de outubro
10:30 h.

Xoves 16 de outubro
10:30 h.

Venres 17 de outubro
10:30 h.

Sábado 18 de outubro
10:00 h.

Domingo 19 de outubro
18:30: Real Racing Club - Deportivo, en El Sardinero