RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor suma 3 puntos ante o AD Ceuta FC en "un partido que non era sinxelo"

O Dépor disputou por primeira vez esta temporada un partido na franxa horaria do domingo ás 14:00.

E acabou en triunfo por 2-1 ante o AD Ceuta FC en partido que "non era sinxelo", como subliñou Antonio Hidalgo após lembrar que "isto está moi igualado. Todo o mundo esíxeche ao máximo".

Era a segunda vez na historia que se enfrontaron ambos os equipos en liga en ABANCA-RIAZOR.

Concidieron en Primera Federación na temporada 2022-23. Naquela ocasión, o 22 de abril de 2023, venceu o Dépor por 1-0 con gol de Quiles.

Con este resultado, Os Nosos suman 29 puntos e recuperan o liderado cos mesmos puntos que a UD Las Palmas; aínda que o UD Almería, con 28, ten pendente, con 1-1 no marcador, disputar a segunda metade ante o AD Ceuta FC no estadio Alfonso Muruve.

Causaron baixa por lesión Ximo Navarro, Escudero, Daniel Bachmann e a última hora Eddahchouri, cun proceso vírico. O dianteiro holandés foi relevado por Mulattieri.

Tamén desvelou Hidalgo que Arnau Comas ía ser o titular para "darlle continuidade ao que iamos facendo pero Arnau non se atopou ben. Ten ese proceso febril que tamén apartou a Zaka (Eddahchouri) do partido. Algún xogador máis presentou ese cadro". No seu lugar entrou Dani Barcia.

Samu, Bil e Quique Teijo foron os representantes de #ANOSACANTEIRA na convocatoria.

Empezou o conxunto ceutí no que militan os ex deportivistas Zalazar e Rubén Díez inquietando a meta de Germán con transicións polas dúas bandas que obrigaron a traballar á defensa deportivista.

Aos 11 minutos, Konrad aproveita un balón solto na área para rematar con dureza após burlar ao seu par. Germán, en dous tempos, evita o gol.

Despois de media hora moi igualada e sen apenas ocasións de gol, o primeiro contratempo para o Dépor chegou en forma de lesión.

Lucas Noubi fíxose dano no ombreiro nunha mala caída e despois de ser atendido na banda polo doutor Alejandro Mejuto non puido continuar. Foi substituído por Arnau Comas. Loureiro pasou ao carril destro.

"Estivemos nos primeiros 30, 35 minutos imprecisos. O campo estaba moi rápido. A partir de aí empezámonos a atopar algo mellor", admitiu o técnico branquiazul.

A mellor ocasión da primeira parte para o Dépor foi unha cabezada de Mulattieri a gran centro de Yeremay. Salvou Vallejo cunha gran parada.

Foi o preámbulo do gol, obra precisamente de Yeremay no minuto 40. O canteirán recibe un saque de esquina no primeiro pau e o seu centro chute acaba na rede en colaboración con Carlos Hernández.

Puido lograr o Dépor o segundo gol no minuto 43. Nunha perda de balón ceutí Mario Soriano encara en solitario a Vallejo, que lle gaña no man a man. O rexeite cae a Luismi, que xuta ao traveseiro. Entre Yeremay e Mulattieri non lograron logo empuxar o balón á rede case en boca de gol. 

Con 1-0 chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, "axustamos algunha posición e atopámonos máis cómodos", apuntou o preparador deportivista.

Aos 55 minutos, Villares xuta e saca Vallejo de puños. No rexeite, Jose Ángel proba de lonxe e o balón márchase lamiendo o traveseiro da meta do AD Ceuta FC.

Antonio Hidalgo move banco. Stoichkov e Mella saltan ao campo por Mulattieri e Luismi Cruz, este con unhas molestias nos isquiotibiais pendente de probas médicas complementarias.

E Stoichkov marcou o segundo que parecía encarrilar o encontro. No minuto 63 o futbolista andaluz recibe un gran pase de Dani Barcia ás costas da defensa e eleva o balón ante a saída de Vallejo.

"Até o 2-0 estivemos moi ben e tes esa sensación de que o partido o tes feito; pero cando se atoparon eles co gol empúxanche, o rival pon todo o que ten por diante", afirmou o adestrador do Dépor.

Os ceutís tentaron recortar diferenzas cun disparo de Marcos no minuto 67 ás mans de Germán.

Un minuto despois de novo a meta deportivista emprégase a fondo nun remate de socato de Marcos.

Apertou o AD Ceuta FC en busca dun gol que os metese no partido ante un Dépor que esperaba o seu contra.

Vallejo atallou no minuto 75 un remate raso de Mario Soriano após recibir na frontal da área en banda dereita de Loureiro.

Recortou diferenzas ao AD Ceuta FC no 76 nunha acción por banda dereita que rematou a pracer no segundo pau Marcos a pase de Anuar.

Tocaba sufrir.

Patiño e Cristian Herrera relevaron a Jose  Ángel e Mario Soriano.

O AD Ceuta FC foise arriba con todo o seu arsenal.

Até 4 futbolistas visitantes saltaron ao campo dunha tacada, entre eles o ex deportivista Kuki Zalazar.

Yeremay tivo nas súas botas o terceiro no minuto 86 pero Vallejo gañoulle no man a man. O canario marchouse por velocidade da defensa ceutí.

"Tivemos algunha para acabar o partido. Non foi así e acabas sufrindo até o último momento", reflexionou Antonio Hidalgo.

De feito, o AD Ceuta FC puido empatar nun córner que rematou fóra por moi pouco Diego González. Corría o minuto 92.

Os 3 puntos quedaron en ABANCA-RIAZOR e o Dépor retoma a cabeza da táboa que tiña a UD Las Palmas desde o venres.

Deportivo: Germán, Noubi (Arnau Comas, min. 33), Loureiro, Barcia, Quagliata, Villares, Jose Ángel (Patiño, min. 80), Luismi Cruz (Mella, min. 59), Mario Soriano (Cristian Herrera, min. 80), Yeremay e Mulattieri (Stoichkov, min. 59)

AD Ceuta FC: Vallejo, Matos (Redru, min. 79), Youness (Bassinga, min. 61 e Aisar, min. 79), Carlos Hernández, Marcos, Bodiger, Diego Glez., Konrad (Cristian, min. 79), Rubén Díez (Kuki Zalazar, min. 79), Kone e Anuar

Árbitro: Gorka Etayo, do comité vasco. Amoestou a Lucas Noubi (min. 28), Cristian Herrera (min. 89) e Villares (min. 90); ademais da o segundo adestrador do Dépor Ignasi Salafranca (min. 13)

Goles: 1-0 Yeremay (min. 40); 2-0 Stoichkov (min. 63); 2-1 Marcos (min. 76)

Incidencias: partido correspondente á 15ª xornada en LaLiga Hypermotion disputado en ABANCA-RIAZOR ante 20.315 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista.