RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor xa se prepara para "un partido durísimo" ante a Cultural Leonesa

O Dépor enfócase xa na preparación dun partido este sábado 8 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) ante a Cultural Leonesa que Arnau Comas cualificou en rolda de prensa como "durísimo".

O central catalán lembra que "na Segunda División todos os equipos son moi competitivos, son partidos moi igualados".

Advirte que os leoneses "están moi ben traballados, veñen en moi boa liña, en boa dinámica. Fixeron bastantes puntos; e aínda que veñan de Primera Federación xa vimos que xente que vén de abaixo logo está arriba. E equipos que veñen de arriba logo cústalles máis."

"Hai que dalo todo para sacar os 3 puntos", concluíu o seu razoamento Arnau Comas.

O cadro arrincou esta chuviosa mañá cunha activación con roda de pases e finalizacións; para pasar a continuación a un exercicio de posición e a unha tarefa táctica en forma de partido en espazos amplos.

Están con adestramento personalizado Ximo Navarro, Escudero, Daniel Bachmann e Samuele Mulattieri.

Pola súa banda, Hugo Ríos, Samu, Bil e Quique Teijo foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este xoves, Os Nosos adestraranse de novo ás 10:30 nos campos 2 e 3 do Dépor Training Center.