RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril recupera aos 5 futbolistas citados na Copa del Rey para o partido deste sábado 1 de novembro ás 16:30 no Couto ante a UD Ourense

A Fabril visita ao UD Ourense este sábado 1 de novembro ás 16:30 no Couto en partido correspondente á 9ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Os fabrilistas, a pesar da derrota da pasada fin de semana no campo Arsenio Iglesias ante o Oviedo Vetusta, lideran a táboa con 19 puntos por 18 os segundos, precisamente os asturianos.

Manuel Pablo ten as baixas de Aarón, Noé, Manu Ferreiro, Samu pola sanción (viu a dobre amarela a pasada fin de semana ante o Oviedo Vetusta), e Hugo Torres, que está aí; pero si poderá contar con Pablo García, Hugo Ríos, Íker Vidal, Fabi e Bil, que viaxaron co primeiro equipo a Bilbao con motivo da eliminatoria de Copa del Rey ante a UD Sámano.

Advirte que "temos un cadro longo que se fixo así por cuestións do primeiro equipo e porque o ano pasado tivemos moitos problemas con lesións. Está tamén o Xuvenil A pero imos tirar da xente que temos".

En rolda de prensa, o técnico fabrilista mostrouse "contento de que participasen" dous deles, concretamente Pablo García (na foto nunha xogada deste xoves en Castro Urdiales) e Fabi. 

Confesa que está encima dos laterais porque "é un posto reconocible. Sempre lles tento dar consellos porque teñen que mellorar en situacións. Pablo García é moi novo, ten 17 anos. Debutar con esa idade é un orgullo para #ANOSAFORZA e para o Club".

Pola súa banda, o UD Ourense, que a pasada fin de semana venceu por 0-1 en O Vao ao Coruxo FC, é 10º con 9 puntos.

No seu campo do Couto esta temporada os rojillos, dirixidos polo ex deportivista Borja Fernández, gañaron ao UP Langreo (1-0); empataron co Real Ávila CF (1-1); e caeron co Real Valladolid Promesas (0-1) e Marino de Luanco (0-1).

Esta semana, a UD Ourense, no seu primeiro partido na súa historia na Copa del Rey, quedou eliminada polo Pontevedra CF de Primera Federación na quenda de penaltis. Ao final do tempo regulamentario no Couto houbo empate a un gol cun tanto pontevedrés no minuto 95.