RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino non puido co Lóstrego CF nun amigable previo á liga

O Orzán SD Xuvenil Feminino non puido (4-0) na súa visita ao Lóstrego CF con motivo dun amigable de pretemporadaen vésperas do inicio ligueiro para as orzanistas.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Celia Sousa, Uxía López, Daniela Agilda, Antía Brage, Laura Deus, Laura Santos, Valeria Figueira, Ivana Fernández, Noe Gómez e Lucía Rivas. Tamén xogaron: Yaiza García, Lucía Mariño, Abril Pazos, Irene Arcay e Macarena González.

En marcha desde o 20 de agosto

O filial do Dépor ABANCA B, que competirá en Primeira Autonómica xuvenil, está dirixido por: César Conde. Completan o corpo técnico Fernando Felípez (asistente), Diego Sánchez (asistente) e Laura Mosquera (delegada).

As futbolistas son as seguintes:

-Porteiras: Yaiza García

-Defensas: Lucía Mariño, Celia Sousa e Irene Arcay

-Centrocampistas: Abril Pazos, Sara Cercido, Macarena González, Lucía Rivas e Ivana Fernández

-Dianteiras: Noe Gómez e Laura Santos

A maiores, Martina Rivas, Andrea Reigosa, Uxía Rabuñal, Antía Brage, Daniela Agilda, Uxía López, Iría Otero, Laura Deus, Lucía Fontes, Valeria Figueira, Laura Otero e Carlota Paderne adéstranse ben co Dépor ABANCA ou o Dépor ABANCA B.

A SD Tordoia, primeiro rival en liga a próxima fin de semana

O Orzán SD Feminino Xuvenil xa coñece o seu calendario ligueiro na Primeira División Galega, que arrinca o próximo 10 de outubro en Tordoia.

O conxunto orzanista quedou encadrado no subgrupo A, con estes rivais iniciais: CPM Friol B, Betanzos CF, CD Lugo, Victoria CF B, SD O Val, Bergantiños CF, SD Tordoia e Antas SD.

O formato de competición será de liga a dobre volta cun total de 18 xornadas. O tres primeiros clasifícanse para a Fase de Ascenso; mentres que o resto xogará pola Permanencia.

Na Fase polo Ascenso, que se xoga contra o tres primeiros clasificados do subgrupo B, o formato será de liga a dobre volta, cun total de 10 xornadas. Tense en conta a puntuación da primeira fase. Desta forma, o primeiro na primeira fase comeza esta segunda con 4 puntos; o segundo con 2 puntos; e o terceiro con 1 punto. O campión ascende a Primeira Nacional.

En canto á Fase pola Permanencia, os equipos dividiranse en dous subgrupos de seis equipos cada un. O formato será de liga a dobre volta, cun total de 10 xornadas. Tense en conta a puntuación da primeira fase. Desta forma, o cuarto na primeira fase comeza esta segunda con 6 puntos; o quinto con 5 puntos; o sexto con 4 puntos; o sétimo con 3 puntos; o oitavo con 2 puntos e o noveno da primeira fase con 1 punto. Os dous últimos baixan de categoría.