RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O partido do Dépor ABANCA ante o DUX Logroño, declarado "Día DÉ..." Os Nosos Maiores

O partido do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR deste sábado 11 de outubro ás 19:00 ante o DUX Logroño foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." Os Nosos Maiores.

Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes das residencias da Coruña e a súa comarca, responsables do coidado dos nosos maiores: Portazgo, La Obra de la Señora, Sanitas Residencial, Bellolar, Domusvi Matogrande, El Pinar, Caser A Zapateira, ASDEN, Bouco A Coruña, Laracha, Avós Felices, Domusvi Narón, San José, Oleiros, Raiola Oleiros, Raiola Meirás e Aluarada.

En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.