RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos, este luns 13 de Málaga directos ao Dépor Training Center a adestrar

Finalizado o partido en La Rosaleda cuxo resumo podes ver ao pé desta noticia, Os Nosos pasan a noite en Málaga antes de emprender viaxe á Coruña este luns 13 de outubro ao mediodía.

Antonio Hidalgo dirixirá nada máis chegar, sobre as 15:00 horas, unha sesión de adestramento no campo 2 e 3 do Dépor Training Center.

A próxima cita do Dépor en LaLiga Hypermotion será o domingo 19 de outubro ás 18:30 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en El Sardinero ante o Real Racing Club.