RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Posta de longo do Dépor ante o Le Havre AC no Trofeo Teresa Herrera, "no partido máis importante da pretemporada"

Xusto unha semana antes de arrincar LaLiga Hypermotion en Granada, o Dépor realiza a súa posta de longo ante os seus afeccionados este sábado 9 de agosto ás 20:00 horas na 80 edición do Trofeo Teresa Herrera, "o partido máis importante da pretemporada, ante #ANOSAFORZA e con ganas,  os que non vivimos ABANCA-RIAZOR, poder sentilo preto", subliñou Antonio Hidalgo na sala de prensa de Abegondo esta mesma mañá. 

O rival nesta ocasión será o Le Havre AC, un conxunto da Primera División de Francia.

O partido será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

En rolda de prensa, Antonio Hidalgo advirte que "o bo empeza practicamente dentro dunha semana. Acumulamos minutos, seguimos vendo diferentes opcións para poder competir ao máximo nivel. Habemos ir evolucionando durante a pretemporada".

O conxunto deportivista preséntase no partido após tombar por 1-2 a todo unha 'Primera División', o Real Oviedo, no Trofeo Emma Cuervo de Ribadeo. Ademais os branquiazuis remontaron un tanto inicial ovetense no inicio da segunda metade.

Ademais nesta pretemporada houbo dous triunfos (ante SD Compostela e Ourense CF), un empate (en Middlesbrough) e unha única derrota pola mínima (en Watford).

Son baixa para o partido Jose Ángel, Petxarroman e Ximo Navarro, estes días con adestramento personalizado aínda que o último xa empezou a facer tarefas co grupo.

Cos fabrilistas Damián Canedo e Pablo García, o equipo adestrouse esta mañá. Houbo unha activación, rondos e un ensaio do plan de partido.

Antonio Hidalgo espera un partido "difícil, complicado, moi esixente no físico. É un equipo que ten unha estrutura clara cun 4-3-3, cun adestrador do ano pasado".

Apunta que o Le Havre AC "vaiche a ameazar en espazos, con xente poderosa en campo aberto. Temos que minimizar todo iso, estar axustados e ter as nosas doses de balón para poder empuxarlles a campo contrario".

O Dépor lidera o palmárés do decano dos torneos estivais con 26 títulos. 

Pola súa banda, o Le Havre estréase en ABANCA-RIAZOR. É o quinto club francés en participar após o Racing de París (edición de 1949), Olympique de Roubaix-Tourcoing (1952), Toulouse (1953) e Stade Reims (1961). 

De momento, Francia aínda non ten ningunha Torre de Hércules.

Finalizado o choque, Os Nosos teñen o domingo 10 de agosto xornada de descanso.