
DÉPOR · 31 XULLO 2025
PRIMEIRO ADESTRAMENTO DE GRAGERA CO DEPORTIVO
José Gragera adestrouse esta mañá por primeira vez co Deportivo na sesión diaria en The Lensbury, cuartel xeral branquiazul en Londres.O novo centrocampista branquiazul exercitouse con normalidade confirmado onte mércores a súa incorporación ao Club.

Antonio Hidalgo dispuxo unha activación para todo o equipo coordinada polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.A continuación, os que xogaron menos minutos onte ante o Watford completaron a sesión cun xogo de posición e cunha tarefa de finalizacións.Este venres 1 de agosto Os Nosos adestraranse no horario habitual, 10:30, en The Lensbury e pola tarde desprazaranse a Middlesbrough para o segundo e último amigable en Inglaterra, este sábado 2 de agosto ás 16:00 (hora galega, 15:00 hora local, ) no Riverside Stadium.


Un Fabril "intentando ser esixente" pecha a temporada este do...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este d...

O Dépor ABANCA arrinca o último mes de liga este domingo 3 de...

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...