Hoxe domingo xogouse un único partido en ANOSACANTEIRA.
O Cadete (na foto principal da noticia) remontou no Dépor Training Center ante o ED Val Miñor Nigrán un partido no que ía por detrás no marcador por 1-3 grazas aos goles de Jurgen, Nico Giovanni -2- e un de Nikolay Dyulgerov case co asubío final.
Con este resultado, os branquiazuis, con 15 puntos, lideran en solitario a División de Honra con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta, 2º na táboa.
Esta nova xornada estivo marcada polo sexto triunfo consecutivo do Fabril, esta vez por 2-0 ao UP Langreo, no campo Arsenio Iglesias.
Os fabrilistas, apoiados no olfacto goleador de Bil, lideran a Segunda Federación con 18 puntos de 18 puntos.
Manuel Pablo non puido contar con varios futbolistas que levou Antonio Hidalgo co Dépor a Málaga: Hugo Ríos, Samu e Quique Teijo.
O técnico do filial admitiu pospartido que "nos custou moito a primeira parte. Eles pechábanse e perseguíannos moito. É verdade que tivemos en xogadas por banda 2 ou 3 ocasiones pero custounos".
Após o descanso, "saímos un pouco mellor. Fabi tivo 3 seguidas e xa co 2-0 si tivemos máis espazos e puidemos facer algún gol máis".
Tamén onte sábado 11 de setembro xogaron en casa o Infantil, colíder da División de Honra, ante o AJ Lérez (5-1) no Dépor Training Center; o San Tirso SD Infantil fronte ao CD Conxo Santiago (0-3) no Monte; o Alevín A ante o Ural Español CF na Torre (10-0); e o Benxamín A ante o Ural Español CF en San Pedro de Visma (6-2).
E fóra, o Xuvenil B e o San Tirso SD Cadete venceron ao CD Areosa por 0-6 e 0-3 respectivamente; o Fabril FC Alevín ao Sporting Meicende; e o Fabril FC Benxamín ao Silva SD.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
6ª xornada: FABRIL 2 (Bil -2-) - UP LANGREO 0
Liga Nacional, 6ª xornada: CD AREOSA 0 - XUVENIL B 6 (Sabino -2-, Elías, Gael, Nico e Frank)
Categoría cadete
División de Honra, 5ª xornada: CADETE 4 (Jurgen, Nico Giovanni -2- e Nikolay Dyulgerov) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 3
División de Honra, 5ª xornada: CD AREOSA 0 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Asier -2- e Jaime Riveira)
Categoría infantil
División de Honra, 5ª xornada: INFANTIL 5 (Iván Gil -2-, Yoel Darriba, Álvaro Gómez e Aritz Fernández) - AJ LÉREZ 1
División de Honra, 5ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - CD CONXO SANTIAGO 3
Categoría alevín
Primera Futbal A Coruña, 3ª xornada: ALEVÍN A 10 (Saúl Cancela -2-, Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo, Adri Prieto, Enzo Fernández, Adrián Liñares, Adrián Míguez, Álex Casado) - URAL ESPAÑOL CF 0
Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: SPORTING MEICENDE 1 - FABRIL FC ALEVÍN 16 (Leo Galbán -4-, Manu Parada -4-, Martín Martelo -2-, Pablo Couso -2-, Joel Losada, Nico Castro, Mateo Pastorín e un futbolista rival en propia porta)
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Hugo Cancela -4-, Hugo Rey e Pablo Campanero) - URAL ESPAÑOL CF 2
Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: SILVA SD 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 13 (Jaime Fraga -3-, Milan Songo'o -3-, Álex Martínez -3-, Diego Freire, Tomás Lorenzo, Anxo Fernández e Óscar Lijo)
