RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado, con vitoria do Dépor ABANCA B en Gijón; e calendario deste domingo en ANOSACANTEIRA feminina

A visita do Deportivo ABANCA B ao Sporting de Gijón, este sábado 8 de novembro en Mareo, é o encontro máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

As branquiazuis recuperaron a senda do triunfo (0-2) con dobrete de Laura Ruiz.

Participaron no filial 2 futbolistas que tiveron minutos en Copa de la Reina o pasado mércores co primeiro equipo, como Lucía Rivas e Redru.

Tamén este sábado 8 o Orzán SD Cadete venceu na Torre (3-0) ao SCD Milagrosa e aférrase ao liderado do grupo 1º da Liga Galega.

Para o domingo quedan outros 3 encontros.

En casa, concretamente na Torre (18:00), o Orzán SD Sub-21 recibe ao PM Friol cos dous equipos igualados a 11 puntos na 2ª posición da Primera Autonómica.

E fóra o Orzán SD Xuvenil visita ao Victoria CF B (18:00 no campo Víctor Fernández Alonso) e o Orzán SD Infantil B ao UD Cerqueda (12:00 en Xaviña, Buño).

Finalmente, o partido da 6ª xornada no grupo 1º da Liga Galega entre o Sporting Burgo e o Orzán SD Infantil A xogarase o mércores 12 de novembro a partir das 18:30 no campo da Lavandeira en Culleredo.

As orzanistas lideran o grupo con 13 puntos por 12 do Victoria CF.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
9ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)

Tercera Federación
7ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - PM FRIOL, o domingo 9 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2)

Primera Autonómica
8ª xornada: VICTORIA CF B - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 9 de novembro ás 18:00 no campo Víctor Fernández Alonso

Liga Galega cadete
6ª xornada: ORZÁN SD CADETE 3 (Marta Moreno -2- e Lara Vázquez) - SCD MILAGROSA 0

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 6ª xornada: SPORTING BURGO - ORZÁN SD INFANTIL A, o mércores 12 de novembro ás 18:30 no campo da Lavandeira (Culleredo)

Grupo 2º, 6ª xornada: UD CERQUEDA - ORZÁN SD INFANTIL B, o domingo 9 de novembro ás 12:00 en Xaviña (Buño)