RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Stoichkov xa se adestrou esta mañá co Dépor

Stoichkov, cuxa incorporación se concretou este venres 29 de agosto, adestrouse xa esta mañá no campo 2 de Abegondo co Deportivo.

O novo atacante deportivista completou con normalidade cos seus novos compañeiros a penúltima sesión de traballo da semana.

Após pasar pola sala de vídeo, Antonio Hidalgo dispuxo unha activación con futvóley, un partido a tres cuartas partes de campo e un ensaio de accións a balón parado.

Está con traballo personalizado Jose Ángel mentres que continúa co primeiro equipo o fabrilista Mane, ademais de Samu.

Este domingo 31 de agosto Os Nosos adiantan medio hora o inicio do adestramento. Será ás 10:00 en lugar da as 10:30 porque ao concluír, o equipo parte en autocar a Alcorcón, cuartel xeral do equipo deportivista para o encontro deste luns 1 de setembro ás 21:30 en Butarque ante o CD Leganés.