RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Traballo de estratexia no campo 2 do Dépor Training Center "cun plan diferente ao da SD Eibar"

Antonio Hidalgo incidiu esta mañá no traballo táctico e de estratexia tal e como explicou Zakaria Eddahchouri na sala de prensa após recibir o Premio EstrelLa ao mellor xogador do mes de setembro: "Imos co plan día a día. Se comparas o plan da SD Eibar ao da UD Almería é diferente. Tentamos mellorar sempre, tomámosnolo día a día e tentamos dar o mellor no campo".

O corpo técnico dispuxo, após unha activación, un exercicio de finalizacións, unha tarefa táctica e un repaso ás accións a balón parado para concluír.

José Gragera realizou toda a sesión co grupo. Así pois, con David Mella no Mundial sub-20 de Chile, unicamente estivo con traballo personalizado Escudero, aínda que tamén xa fixo as primeiras tarefas co resto dos seus compañeiros.

Samu, Mane e Noé foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este venres, o Dépor realizará no Dépor Training Center a última sesión de traballo previa ao choque ante a UD Almería deste sábado 4 de outubro ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion, Canal Sur, TVG, GOL, TEN e dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR.