
DÉPOR · 9 FEBREIRO 2025
UN DÉPOR "CUN TRABALLO COLECTIVO MOI BO" APELA Á UNIÓN E AO TALENTO PARA SUPERAR CON CONTUNDENCIA Á UD ALMERÍA
ABANCA-RIAZOR e o Dépor tombaron (3-1) a un dos candidatos ao ascenso a LaLiga EA Sports, a UD Almería, en encontro correspondente á 26ª xornada.Óscar Gilsanz asegura que se marcha cunha sensación "doce. Cando se gaña na casa e faise un primeiro tempo como se fixo é para estar contentos sobre todo polos futbolistas. Fixeron un gran traballo e sobre todo un traballo colectivo moi bo".Este resultado deixa a Os Nosos con 35 puntos na 10ª posición da clasificación.Mfulu e Escudero foron baixa por lesión.Respecto ao encontro en Eibar de hai unha semana, Pablo Martínez relevou a Dani Barcia, Eddahchouri por Barbero e Mella por Gauto.O choque arrincou con dominio da UD Almería. Robertone, aos 3 minutos, disparou desde fóra da área lixeiramente desviado.Tras un saque de esquina do equipo andaluz, Yeremay conduciu unha rápida contra. O canario cede ao medio a Mella, este a Mario Soriano, que se atopou co cruzamento dun defensa cando ía xutar a portería.Aos 13 minutos, Yeremay remata lixeiramente desviado un pase atrás de Ximo Navarro desde a liña de fondo.Era o mellor o Dépor neste tramo do partido.Zakaria Eddahchouri, un dianteiro que aterraba en ABANCA-RIAZOR con números de gran goleador na Segunda División de Holanda, enganchou un disparo desde a frontal da área ao que non puido responder Maximiano.Poñíase por diante o Dépor, previa revisión polo VAR.O Dépor fíxose co partido e chegou ata a dominar á UD Almería. Baptistao dispara axustado ao pau esquerdo de Helton Leite pero Yeremay, noutra gran xogada por banda esquerda, facía o segundo tras controlar magistalmente na área e bater con frialdade a Maximiano.En pleno festival branquiazul, Mella fai o terceiro. Rouba Ximo Navarro no centro, cede ao canteirán que, desde a frontal, remata axustado ao pau dereito da meta dun incrédulo Maximiano.O técnico deporvista destaca "as boas decisións en último terzo, que era algo que falabamos no vestiario".Ao descanso chegouse cun duro disparo de Baptistao, o mellor do seu equipo, que atalla seguro Helton Leite; pero co partido totalmente controlado polo Dépor, que levou unha ovación da bancada ao sinalar o colexiado o final da primeira parte.A segunda metade comezou con susto na área deportivista. Nun centro desde banda dereita, Pablo Martínez escorregou no seu intento de despexe pero Luis Suárez, con todo a favor diante de Helton Leite, non foi capaz nin de golpear a pelota.Luis Suárez probou fortuna desde a frontal aos 52 minutos. O balón foise por encima da portería de Helton Leite.Apertaba a UD Almería en busca do gol que lle metese no partido pero sen claridade arriba.Eddahchouri tivo a primeira para o Dépor pero foi ben tapado pola defensa almeriense. O holandés recibiu de Mario Soriano nunha boa transición do Dépor.Rubi fai un triplo cambio buscando axitar a árbore coa entrada de Melero, Arribas e Arnau.Yeremay tivo nas súas botas o cuarto. Supera por velocidade á defensa da UD Almería, pica o balón sobre Maximiano pero salva Edgar milagrosamente na mesma raia cando o balón coábase.No outro área, Helton Leite tapa providencialmente un remate de Arnau, que entrou libre de marca ao segundo pau. Corría o minuto 66.Pouco despois, Arribas rematou alto noutra boa transición almeriense.As ocasións sucedíanse nas dúas áreas. Barbero, que relevou a Eddahchouri, non chegou por moi pouco a un centro de Yeremay desde banda esquerda.O empuxe da UD Almería obrigou ao Dépor a defender en bloque baixo ante o apoio da bancada de ABANCA-RIAZOR: "Cando apertou máis nos xuntamos e defendemos demasiado preto da portería pero era algo que o rival nos obrigaba porque é un dos máximos favoritos ao ascenso", indicou Óscar Gilsanz.Helton Leite facía unha gran parada a disparo raso de Arribas axustado ao pau esquerdo da portería deportivista. Era o minuto 77.A base de resistencia, o Dépor foi deixando pasar os minutos, nos que tivo lugar o debut de Genreau ao relevar a Mario Soriano.No tempo de desconto, con todo sentenciado e os 3 puntos xa amarrados, Luis Suárez fai o gol da honra para a UD Almería tras definir con calidade ante Helton Leite.Deportivo: Helton Leite, Ximo Navarro, Pablo Martínez, Pablo Vázquez, Obrador, Jose Ángel, Villares (Jaime, min. 85), Yeremay (Diego Gómez, min. 85), Mario Soriano (Genreau, min. 79), Mella (Gauto, min. 79) e Eddahchouri (Barbero, min. 68)UD Almería: Maximiano, Edgar, Robertone (Melero, min. 60), Lopy, Lázaro (Perovic, min. 80), Luis Suárez, Nico Mr (Arribas, min. 60)., Baptistao (Arnau, min. 60), Marc Pubill, Chumi e Bruno Langa (Centelles, min. 66)Árbitros: Sesma Espinosa, do comité rioxano. Amoestou a Lopy (min. 44), Jose Ángel (min. 49), Eddahchouri (min. 60), Luis Suárez (min. 75) e Arnau (min. 88)Goles: 1-0 Eddahchouri (min. 19); 2-0 Yeremay (min. 26); 3-0 Mella (min. 31); 3-1 Luis Suárez (min. 90+3)Incidencias: partido correspondente á 26ª xornada de LaLiga Hypermotion disputada en ABANCA-RIAZOR ante 22.323 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento onte sábado de Ceferino Fonticoba 'Fino', utilero do equipo desde 1989 a 2019

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha

O Dépor ABANCA gozará dun domingo de descanso antes de inicia...

O RC Deportivo presenta a súa terceira equipación 2026-27, un...