
DÉPOR · 7 MAIO 2025
UN DÉPOR QUE "QUERE TIRAR CARA ARRIBA" APUNTA DESDE HOXE MÉRCORES A EL MOLINÓN
O Dépor, que onte gozou unha xornada de descanso, apunta desde hoxe mércores 7 de maio ao partido deste sábado 10 ás 16:15 en El Molinón (LaLiga TV Hypermotion) ante o Sporting de Gijón, en partido correspondente á 39ª xornada en LaLiga Hypermotion.En rolda de prensa, Cristian Herrera recoñeceu que "co equipo que hai sempre quero tirar cara arriba" aínda que lembra que o Dépor "vén dunhas temporadas fodidas en Primera RFEF e o primeiro ano conseguir o obxectivo a estas alturas, e poder seguir tentando gañar todo o que quede e quedar o máis arriba posible e pelexar polo play off sería alucinante".En caso de non conseguilo, "seguir traballando e acabar o máis arriba posible".Para arrincar Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con rondos, unha tarefa de posición con fútbol reducido e un primeiro ensaio do plan de partido para esta fin de semana.Están con traballo personalizado Dani Barcia, Mella e Ximo Navarro; mentres que Alberto e Mardones foron os representantes de #ANOSACANTEIRA. Gauto realiza tarefas co grupo e tarefas con readaptador físico.Mañá xoves 8 de maio o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 en Abegondo.


Un Fabril "intentando ser esixente" pecha a temporada este do...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este d...

O Dépor ABANCA arrinca o último mes de liga este domingo 3 de...

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...