RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Un eficaz Brasil supera en Aveiro á Portugal de Inês Pereira, que se incorpora este xoves ao Dépor ABANCA

-Foto:@https://www.fpf.pt/pt/

 

Inês Pereira estivo concentrada con Portugal para dous partidos amigables nesta xanela FIFA, na última citación internacional de 2025.

Así, a porteira deportivista enfrontouse a Brasil este martes 2 de decembro no Estadio Municipal de Aveiro.

Coas brasileiras, Portugal enfrontouse 2 veces e en ambas saíu derrotado.

Onte tamén venceu a selección canarinha por 0-5, con Inês Pereira no once inicial.

O pasado venres 28 de novembro ante Países Baixos no Estadio Municipal de Braga a futbolista branquiazul seguiu o encontro desde o banco.

Antes de comezar, Inês Pereira, xunto ás súas compañeiras Ana Capeta, Andreia Jacinto e Catarina Amado, foi premiada polas súas 50 citacións coa selección.

Os resultados de Portugal nesta xanela FIFA foron os seguintes:

Venres 28 de novembro
PORTUGAL 1 - PAÍSES BAIXOS 2

Martes 2 de decembro
PORTUGAL 0 - BRASIL 5

Inês Pereira incorporarase este xoves 4 decembro aos adestramentos co Dépor ABANCA no Dépor Training Center.

A gardameta branquiazul suma até a data 11 partidos xogados en Liga F, todos eles de titular.