RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Un gran traballo colectivo do Dépor ABANCA culmina nun empate fronte ao Atlético de Madrid en ABANCA-RIAZOR

Fran Alonso cualifica o empate como "un moi bo punto contra un rival Champions". O míster considera que "estivemos moi sólidas defensivamente" e que "o plan de partido saíunos moi ben".

As Nosas suman e seguen (0-0) e xa son cinco os encontros seguidos sen coñecer a derrota após lograr un moi bo punto ante o Atlético de Madrid en ABANCA-RIAZOR.

As coruñesas saltaron ao campo con garra. Os primeiros compases de partido transcorreron en campo branquivermello e as de Fran Alonso conseguían atallar ben as transicións visitantes.

O primeiro golpeo a porta do partido anotoullo Eva Dios aos 13 minutos de partido, desde a frontal e fácil para Gallardo.

A posesión repartiuse máis entre ambos os combinados nos momentos posteriores, pero ningún equipo conseguía facer dano ao rival.

No 39, Millene plantouse, a través dun control orientado magnífico, nun man a man con Gallardo que se saldou cunha gran parada da gardameta para salvar o que foi a mellor ocasión do encontro.

Ao fío do descanso, o Atlético de Madrid buscou adiantarse no luminoso a través dunha falta na lateral da área, pero a zaga deportivista repeleu o centro e chegou o ecuador a ABANCA-RIAZOR sen goles.

O Atleti comezou a segunda metade cunha presión alta que dificultaba moito a saída deportivista. Os roubos adiantados das de Víctor Martín culminaban en centros laterais que complicaban á zaga branquiazul.

Con todo, o Dépor non baixou os brazos e no 55, Samara conseguiu sacar un bo centro para un remate complicado de Millene que non atopou portería.

No 64, Ainhoa buscou un pase da morte cara á recentemente incorporada Bárbara, desbaratado pola porteira branquivermella.

O tramo final converteuse nun correcalles e en calquera transición parecía que podería abrirse a lata. Con todo, a pesar da intensidade final, un gran traballo defensivo do Dépor ABANCA logrou reter un punto para ascender a cinco a xeira de partidos sen perder.

Dépor ABANCA: Inês, Samara (Paula Novo, min. 78), Vera, Paula G., Eva Dios (Bárbara, min. 60), Millene (ADT, min. 83), Ainhoa, Olaya, Raquel, Lucía, Cristina.  

Atlético de Madrid: Gallardo, Moraza, Lauren, Xènia, Boe Risa, Gaby, Sheila, Otermín, Lloris, Tatiana, Gio.

Árbitra: Olatz Rivera Olmedo, do comité vasco, amoestou á visitante Otermín e á local Olaya.

Goles (0-0)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 da liga F, disputado no estadio ABANCA-RIAZOR ante 1.570 asistentes.