RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Venres de finalizacións para un Dépor que é "o equipo da liga que máis remata a balón parado"

O corpo técnico, após unha activación con fut-voley, incidiu este venres nas finalizacións no campo 3 do Dépor Training Center.

"Somos o equipo da liga que máis remata a balón parado. Iso quere dicir que o traballo está. Temos que sacar máis rendemento. En Santander non foi o noso mellor día en ocupación de espazos e de zonas onde podemos facer dano. Imos ao milímetro con estas situacións. Temos que seguir insistindo", anunciou Antonio Hidalgo en rolda de prensa esta mesma mañá.

A asollada mañá arrincou na sala de vídeo e concluíu no céspede cun partido no campo 2.

Ximo Navarro, Daniel Bachmann e Sergio Escudero están con adestramento personalizado.

"Van estar para longo. E os demais están ben", subliñou en rolda de prensa Antonio Hidalgo.

De Escudero precisou que "vai estar tempo fóra, máis dun mes seguro"; mentres que de Ximo Navarro admitiu que con el "nos atopabamos máis cómodos. A miña misión é buscar ese punto de equilibrio que faga que teñamos solidez".

Samu, Pablo García e Fabi foron os representantes de ANOSACANTEIRA. Respecto diso, o técnico branquiazul lembrou que "está a facer unha gran temporada. Estamos a subir e coñecendo aos mozos que nos poden axudar en calquera momento".

Este sábado, Os Nosos realizarán no Dépor Training Center a última sesión previa ao encontro ante o Real Valladolid deste domingo 26 de outubro ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR.