RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Villares fala de "un dos nosos peores partidos" e Helton Leite, de "un mal día"

 O capitán Diego Villares e Helton Leite pasáronse pola zona mixta do Estadio Pepico Amat.

O mediocentro deportivista cre que o desta tarde "foi un dos nosos peores partidos senón o peor. Entramos ben ao partido tendo balón pero faltábanos un cambio de ritmo no último tramo. E na segunda parte non estivemos cómodos en ningún momento".

Diego Villares non cre que "entregásemos o partido pero non estabamos cómodos e custábanos moito máis todo".

Finalmente admite que ao Dépor cústalle xogar ante equipos que "defenden nun bloque máis baixo. Cústanos máis que ante rivais que queren ser máis protagonistas". 

Pola súa banda, Helton Leite admitiu que "foi un mal partido", "un mal día do Dépor. O equipo non estivo inspirado e o CD Eldense expuxo ben o partido, non xeramos perigo e eles marcáronnos".

O meta brasileiro cre que a categoría "é moi difícil", asegura que o vestiario "ten os pés no chan" e advirte que "se pos o pensamento moi lonxe custaranos moitos puntos. Hai que seguir semana a semana".

Finalmente, afirma que "en casa os equipos son fortes. O CD Eldense hoxe fixo un bo partido".