RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Yeremay afirma que "teño que dar moito máis" e Gragera resalta que "o grupo está moi unido"

Yeremay Hernández e José Gragera pasáronse pola zona mixta do Ibercaja Estadio de Zaragoza.

O futbolista canario confesou estar "moi contento pola vitoria, polas sensacións, polo traballo de todo o equipo. Necesitabamos unha vitoria para estar máis tranquilos e para reforzarnos. Estivemos moi ben todo o equipo, estamos moi contentos e desexando que chegue o próximo partido".

O atacante deportivista asegura que "saín ao campo a gozar. Non pensei moito, saquei un sorriso; e cando sorrío, cando gozo, cando traballo, cando me xunto, cando fago todas esas cousas creo que vou un paso por diante. Hoxe creo que estiven moi ben, non só con balón, tamén sen balón. O míster pídeme que traballe, que loite, que siga, que non pasa nada por fallar. Saín a gozar".

Conclúe que en Zaragoza "se viu ao Yeremay que viron atrás. Está moi ben pero teño que seguir, teño que dar moito máis. O equipo necesítame e eu tamén necesito axudarlles a eles porque vai ser bo para o equipo". 

Pola súa banda, José Gragera tamén está "moi contento por como competiu o equipo, por como soubemos sufrir nos momentos nos que tocaba sufrir. Rompemos esa mala serie ligueira e a seguir, que esto é moi longo e o sábado temos outro gran partido en ABANCA-RIAZOR".

O mediocentro deportivista asegura que "o grupo está moi unido. Tiñamos moita confianza todos, estabamos moi xuntos. Esta semana de viaxe veunos ben, con 2 partidos nos que soubemos sacar 2 vitorias. Estivemos xuntos, fixemos convivencia, fomos un grupo moi unido".

Finalmente Gragera cualifica a Yeremay como "un xogador extraordinario" e insiste en que "o grupo vai a unha. Todos sabemos que temos que estar preparados para cando chegue a oportunidade, moi xuntos e iso é o éxito do equipo".