RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Yeremay ve a un Dépor "moi sólido" e Germán vaise "coa espinita de non conseguir os 3 puntos"

Yeremay Hernández e Germán Parreño pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O canteirán cualifica o tanto do empate como "un bo gol. Collín o balón na banda, onde máis me gusta. Métome cara a dentro e póñoa aí. Por sorte tocou o pau e foi cara adentro. Estou moi contento".

Admite que neste primeiro tramo de liga "non estiven ben. Todos os xogadores e eu aínda máis pasan por momentos malos. Non podo estar ben sempre. Cada vez voume atopando moito mellor. Nos primeiros partidos tiven moitas ocasións e deille ao pau... O outro día fallo unha moi clara que non podo fallar porque teño a capacidade para metela. Isto é unha carreira de fondo, cada vez voume atopando mellor".

Explica que "o míster me pide que xogue nesa posición de segundo dianteiro. Estou con el en que nesa posición, se consigo adaptarme, crecer nesa posición, podo ser aínda máis determinante. Si é certo que nas temporadas pasadas partín desde a banda e é a miña posición natural pero fago o que me pide o míster. E estou con el".

Yeremay recalca que a UD Almería "ten un equipo moi bo. Hoxe xogaron moi ben. Ao final o partido estivo moi igualado. Tivemos ocasións para meter o segundo, eles tamén; pero somos un equipo moi sólido, estamos nunha liña moi boa".

Pola súa banda, Germán pensa que "xogamos ben ante un gran rival, con moi boas individualidades. Vasche coa sensación de que fixemos un bo traballo e coa espinita de non conseguir os 3 puntos. Pero seguimos sumando e a seguir traballando así".

O porteiro branquiazul conta que a acción do gol andaluz "foi unha xogada rápida, que foi máis acerto do lanzador que o que se desprende da marca e ataca ao primeiro pau. Nos desaxustamos nalgúns sitios. É unha zona difícil de defender e fanno ben. Teñen mérito e teñen calidade".