
DÉPOR · 2 OUTUBRO 2025
ZAKARIA EDDAHCHOURI E AINHOA MARÍN RECIBIRON O PREMIO ESTRELLA GALICIA AO MELLOR XOGADOR DO MES DE SETEMBRO
Zakaria Eddahchouri (11 de maio de 2000, Papendrecht, Países Baixos) e Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001) recolleron esta mañá na sala de prensa de Abegondo de mans de Gustavo Galván, promotor de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de setembro no seu equipo polas súas actuacións nos partidos de liga ante o Sporting de Gijón, CD Mirandés, SD Huesca e SD Eibar no caso de Zakaria Eddahchouri; e RCD Espanyol, Athletic Club, Real Madrid e Madrid CFF no caso de Ainhoa Marín.A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Germán Parreño, Zakaria Eddahchouri e Luismi Cruz no caso do Dépor; e Ainhoa Marín, Inês Pereira e Bárbara Latorre no caso do Dépor ABANCA.

Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Zakaria Eddahchouri foi o elixido no primeiro equipo masculino co 47,5% dos votos dos afeccionados, por 27,5% de Luismi Cruz e 25% de Germán. No apartado feminino, Ainhoa Marín impúxose co 64,1% por 27,5% de Inês Pereira e 8,4% de Bárbara Latorre.Zakaria Eddahchouri quixo dar as grazas en primeiro lugar a "Estrella Galicia, aos medios de comunicación e aos afeccionados por este premio"; mentres que Ainhoa Marín está "moi agradecida. É un pracer estar aquí convosco".


Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...