
Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD)
A Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) serve como punto de contacto entre o RC Deportivo e toda a súa afección. Aquí, todas as suxestións, propostas e preocupacións dos accionistas, socios e afeccionados en xeral son tratadas de xeito personalizado. O obxectivo da OAD é axudar e apoiar a cada deportivista con coidado, dedicación e eficiencia. En resumo, ofrece unha proposta de valor única centrada en proporcionar solucións e optimizar o servizo prestado a cada un dos nosos afeccionados.
Taquillas OAD
Co obxectivo de mellorar a cobertura e a adecuación das instalacións de taquilla no Estadio ABANCA-RIAZOR, o Club dispón de taquillas modernas e funcionais situadas na Avenida de La Habana para atender a todos os deportivistas que as precisen durante a Campaña de Abonos de Tempada e ao longo do resto do ano.O horario de atención da Oficina de Atención ao Deportivismo é de luns a xoves de 9.15 a 13.30 e de 15.00 a 18.00. Os venres de 9.15 a 14.00.Se ten suxestións, dúbidas ou propostas, póñase en contacto co RC Deportivo en:[email protected](+34) 981 259 500 ext. 1