



Un espazo con historia e personalidade para celebrar momentos especiais dun xeito diferente. Goza dunha contorna emblemática, unha coidada proposta gastronómica e unha experiencia exclusiva para compartir con quen máis che importa.

GOZA DA EXPERIENCIA
Espazo onde se exhiben os trofeos do Club, nunha contorna chea de historia e prestixio.O teu evento nunha das salas máis especiais do estadio, rodeados da historia recente do Club. Con esta sala tes a opción de reservar tamén a sala de prensa se o precisas.

AFORAMENTO
A sala azul ten capacidade para ata 145 persoas e a posibilidade de engadir todo o que necesites para que o teu evento sexa perfecto.
GASTRONOMÍA Á ALTURA
Descubre unha selección de pratos e sabores coidadosamente elaborada para acompañar o teu evento.


