RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
FABRIL

Tres interesantes partidos da canteira, esta fin de semana en Abegondo

Esta fin de semana están previstos en Abegondo tres interesantes partidos da canteira deportivista.

O sábado xogan o Xuvenil B (ás 12.30 ante o Barbadás) e o Cadete A (ás 11.00 fronte ao Bertamiráns). Como é habitual nestes partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público sénior, a entrada custa 3 euros.
 
Para o domingo queda o partido do Fabril, ás 12.00 ante o Arosa. Os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público sénior, a entrada custa 10 euros.
 
Xuvenil A, Cadete B e Infantil A xogan lonxe de Abegondo, en Santander o primeiro; e en Conxo os dous restantes.
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
FABRIL - AROSA, o domingo 18 de setembro ás 12.00 horas en Abegondo
Clasificación: ... 3. Céltiga e Barbadás, 8 puntos; 5. Rápido de Bouzas, Fabril, Alondras e Compostela, 7 puntos...
 
Categoría xuvenil
BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 18 de setembro ás 12.00 no campo do Monte (Santander)
Clasificación da División de Honra: 1. Oviedo, Lugo, Roces e Celta, 6 puntos; 5. Alondras, 4 puntos; 6. Sporting de Gijón, Xuvenil A e Areosa, 3 puntos...
 
Liga Nacional, segunda xornada: XUVENIL B - BARBADÁS, o sábado 17 de setembro ás 12.30 en Abegondo (campo 5)
 
Categoría cadete
División de Honra, segunda xornada: CADETE A - BERTAMIRÁNS, o sábado 17 de setembro ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
 
Liga Galega, grupo norte, xogado onte mércores, primeira xornada: CADETE B 5 (Roque, Martínez, Mario, Jorge (2) e Portas) - LUGO 0
Segunda xornada: CONXO - CADETE B, o sábado 17 de setembro ás 17.00 no campo da Merced en Conxo
 
Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, primeira xornada, xogado onte mércores: INFANTIL A 2 (Jairo e Dani) - LUGO 1
Segunda xornada: CONXO - INFANTIL A, o sábado 17 de setembro ás 11.00 no campo da Merced en Conxo
 
Primeira Autonómica, grupo 1º, xogado o pasado martes: INFANTIL B - SANTA MARÍA DEL MAR