RCDeportivo Logo

AVISO LEGAL - BASES DO SISTEMA DE PRE-RESERVA DE ENTRADAS DO CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA, S.A.D

1.- Compañía organizadora

O Real Club Deportivo de A Coruña SAD, con domicilio social no Estadio ABANCA-Riazor, C/ Manuel Murguía S/N, CP 15011 (A Coruña), con CIF A-15023070, pon á disposición exclusiva dos seus abonados e abonadas un Sistema de Pre-reserva de entradas, exclusivamente en liña, para os partidos que dispute o seu equipo profesional, como visitante ou como local, segundo o comunicado para cada encontro concreto a través das canles oficiais do Club.

2.- Obxecto e funcionamento do Sistema de Pre-reserva

O Sistema de Pre-reserva é unha aplicación web que permite recoller a intención de persoas físicas (abonados e abonadas do Real Club Deportivo de A Coruña SAD) de optar á compra de entradas para os partidos que dispute o equipo profesional do Club, como visitante ou como local. Cada abonado ou abonada poderá inscribirse e comunicar a súa intención unha única vez por partido.

As persoas abonadas que introduzan e remitan os seus datos no formulario habilitado para tal efecto manifestan o seu interese en adquirir, no caso de que finalmente lles sexan adxudicadas, as entradas pre-reservadas.

Para cumprir coa súa finalidade, o citado sistema requirirá necesariamente información básica, polo que se recollerán, por abonado ou abonada, os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, ID de abonado/a e número de entradas que desexaría reservar (segundo as que se poñan á súa disposición en función do encontro concreto).

O Real Club Deportivo de A Coruña SAD resérvase a posibilidade de descualificar do procedemento as persoas participantes que incumpran as regras do Sistema de Pre-reserva, sen que estas teñan dereito a resarcimento ningún e sen que, en ningún caso, o Club sexa responsable do incumprimento por parte das mesmas.

Cada abonado ou abonada do Club inscrito/a no proceso recibirá un correo electrónico de confirmación da súa inscrición co número clave asignado á súa participación, unha vez que esta sexa recibida.

3.- Procedemento de adxudicación

No caso de que as peticións recibidas mediante o Sistema de Pre-reserva superen o número de entradas dispoñibles para un encontro concreto, realizarase un sorteo aleatorio coa ferramenta en liña Easypromos, mediante un xerador de números aleatorios (RNG) certificado e homologado conforme aos estándares internacionais.

No devandito sorteo participarán todos/as os/as abonados/as do Club que formulasen a súa solicitude en tempo e forma a través da canle habilitada para tal efecto, co obxectivo de determinar:

(i) os números clave correspondentes ás persoas adxudicatarias, que, polo tanto, terán dereito a adquirir entradas para ese encontro específico; e

(ii) de ser o caso, unha lista de suplentes que permita reasignar as entradas cuxa compra non fose formalizada.

O Club resérvase o dereito de publicar e emitir en directo o sorteo de entradas a través das súas canles oficiais de comunicación. Se, unha vez iniciado o proceso do sorteo, este se interrompese por razóns técnicas ou por causas alleas á vontade do Club, volverase realizar desde o inicio, anulando as actuacións realizadas ata ese momento en relación co mesmo.

Unha vez realizado o sorteo, informarase as persoas agraciadas da opción de adquirir entradas para o encontro específico mediante correo electrónico e publicarase unha nota na web oficial do Club na que figurarán os números clave afortunados.

No caso de que algunha das persoas abonadas adxudicatarias non formalice, por calquera causa, a compra dentro do prazo indicado, o dereito pasará automaticamente á seguinte persoa suplente segundo a orde da lista, e así sucesivamente ata esgotar a lista de suplentes ou cubrir a totalidade das entradas dispoñibles. Unha vez esgotada a lista, o Club poderá dispoñer libremente das entradas restantes.

4.- Procedemento de pagamento e recollida das entradas

O pagamento deberá realizarse con tarxeta de crédito mediante a pasarela de pagamento habilitada para tal efecto e dentro dos prazos establecidos polo Club para o sorteo e o encontro específico. Nese momento indicaranse os prazos e o lugar de recollida física da entrada ou entradas no destino correspondente.

As entradas son nominativas e intransferibles, polo que o Real Club Deportivo de A Coruña SAD se reserva o dereito de solicitar a exhibición do Documento Nacional de Identidade do abonado ou abonada agraciado/a no momento da recollida e entrega da entrada ou entradas.

As entradas non poderán ser recollidas en ningún outro lugar distinto do designado nin fóra dos horarios establecidos polo Club.

Cando a persoa agraciada sexa menor de idade (é dicir, menor de 18 anos), a entrada para o partido só poderá ser recollida por calquera dos seus proxenitores e/ou pola persoa maior de idade que teña atribuída a garda legal do menor.

No caso de que a persoa agraciada non recolla a entrada ou entradas conforme ao indicado nestas Bases e seguindo as instrucións de recollida comunicadas polo Club para o encontro en cuestión, entenderase que o/a participante renuncia a ela/s por non ter atendido aos requisitos establecidos polo Real Club Deportivo de A Coruña SAD mediante estas Bases, perdendo o importe da mesma, sen dereito a resarcimento ou compensación ningunha. A entrada quedará, neste caso, á disposición do Club para que este faga o uso que considere conveniente.

5.- Duración e ámbito

A aplicación web estará operativa e en funcionamento para recoller as intencións dos abonados e abonadas durante os períodos que determine o Real Club Deportivo. A dispoñibilidade e activación do Sistema de Pre-reserva para cada partido no que resulte de aplicación será anunciada puntualmente a través das diferentes canles oficiais de comunicación do Club.

6.- Reservas e limitacións

O Real Club Deportivo de A Coruña SAD queda exento de calquera responsabilidade no caso de existir algún erro nos datos facilitados polos abonados e abonadas usuarios/as do Sistema de Pre-reserva que impedise a súa correcta identificación no proceso.

O Real Club Deportivo de A Coruña SAD queda exento de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta temporal de dispoñibilidade ou da interrupción do funcionamento dos servizos mediante os que se participa no Sistema de Pre-reserva e, en particular, aínda que non exclusivamente, dos posibles fallos no acceso ás distintas páxinas e no envío das respostas de participación a través de Internet.

O Real Club Deportivo de A Coruña SAD resérvase o dereito a efectuar os cambios que redunden no correcto funcionamento do sistema cando concorra causa xustificada ou motivos de forza maior que impidan levar a cabo o proceso na forma establecida nestas Bases.

O Real Club Deportivo de A Coruña SAD resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período da acción, así como a facultade de interpretar estas Bases legais.

Así mesmo, o Real Club Deportivo de A Coruña SAD quedará exento de toda responsabilidade se concorre algún dos supostos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse como consecuencia da utilización do Sistema de Pre-reserva.

Calquera dúbida ou suxestión que puidese xurdir sobre o Sistema de Pre-reserva será atendida a través do enderezo de correo electrónico [email protected].

7.- Menores de idade

Poderán participar no Sistema de Pre-reserva os abonados e abonadas maiores de catorce (14) anos. Os abonados e abonadas menores de dezaoito (18) anos unicamente poderán participar coa autorización previa e expresa dos seus pais ou representantes legais, que asumirán a aceptación destas Bases no seu nome e responderán do cumprimento das obrigas que delas se deriven.

No caso de que a persoa adxudicataria sexa menor de idade, a entrega e utilización da entrada deberá realizarse en presenza e baixo a responsabilidade de calquera dos seus proxenitores e/ou da persoa maior de idade que teña atribuída a súa garda legal, debidamente acreditada.

8.- Protección de datos persoais

O Real Club Deportivo de A Coruña SAD, con domicilio social no Estadio ABANCA-Riazor, C/ Manuel Murguía S/N, CP 15011 (A Coruña) e CIF A-15023070 (en diante, o «Club»), actúa como responsable do tratamento dos datos persoais facilitados polos abonados e abonadas participantes no Sistema de Pre-reserva. Poderá contactar co Club en materia de protección de datos a través do enderezo postal indicado ou do correo electrónico [email protected].

O Club garante o cumprimento íntegro do Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

No caso de ter que realizarse o sorteo indicado nestas condicións, garántese que non se publicarán datos persoais. Así mesmo, a plataforma de xestión encargada de realizar os sorteos é Easypromos, que non terá acceso a datos de carácter persoal. A remisión de información a esta plataforma artéllase mediante os ID ou os números clave asignados, garantindo que estes identificadores non conteñen, en ningún caso, datos persoais.

Os datos persoais facilitados serán tratados coas seguintes finalidades:

1. En base á relación contractual e/ou para a aplicación, por petición do interesado, de medidas precontractuais:

Xestionar a participación do abonado ou abonada no Sistema de Pre-reserva e, de ser o caso, a adxudicación, venda, entrega e control de acceso á entrada.Verificar a condición de abonado ou abonada e o cumprimento dos requisitos previstos nestas Bases.Garantir a trazabilidade e integridade do proceso para previr a fraude.

Destinatarios e encargados do tratamento: Non se cederán datos a terceiros salvo que exista unha obriga legal aplicable (art. 6.1.c do RGPD). Poderán acceder aos datos, na súa condición de encargados do tratamento, os prestadores de servizos contratados polo Club (por exemplo, plataforma de venda de entradas, pasarela de pagamento e loxística), que actuarán conforme ao artigo 28 do RGPD e seguindo as instrucións do Club.

Os datos poderán ser igualmente comunicados ás Forzas e Corpos de Seguridade, autoridades competentes, organismos deportivos (incluída LaLiga) e clubs anfitrións cando resulte legalmente esixible ou necesario para o acceso ao recinto deportivo correspondente.

Transferencias internacionais: Non están previstas transferencias internacionais de datos fóra do Espazo Económico Europeo. No caso de que fosen necesarias, só se realizarán a entidades acollidas ao acordo Estados Unidos-Unión Europea Data Privacy Framework, a entidades que acreditasen cumprir co nivel de protección e garantías establecidos de acordo cos parámetros e esixencias previstos na normativa vixente en materia de protección de datos, como o Regulamento Europeo, ou cando exista habilitación legal para realizar a transferencia internacional.

Prazo de conservación: Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir as finalidades para as que foron recollidos e, posteriormente, quedarán debidamente bloqueados durante os prazos de prescrición das accións legais que puidesen derivarse.

Dereitos das persoas interesadas: Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e demais dereitos recoñecidos no RGPD a través do enderezo postal indicado ou do correo electrónico [email protected], acreditando debidamente a túa identidade.

No caso de considerar que os seus dereitos non foron debidamente atendidos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

9.- Nulidade parcial

A eventual declaración de nulidade ou ineficacia, total ou parcial, dalgunha das cláusulas destas Bases non afectará á validez do resto, que manterán a súa plena vixencia e efectos, substituíndose, de ser o caso, as cláusulas afectadas por outras que respecten, na maior medida posible, a finalidade e o equilibrio contractual perseguidos polas partes.

10.- Aceptación das Bases

A simple participación no Sistema de Pre-reserva implica a aceptación plena e incondicional destas Bases, polo que calquera manifestación no sentido de non aceptar a totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do/a participante do proceso regulado nestas e, como consecuencia, o Real Club Deportivo de A Coruña SAD quedará liberado do cumprimento de calquera posible obriga contraída con ese/esa participante.

Os/as participantes comprométense expresamente ante o Club a cumprir a prohibición de revenda e/ou cesión (gratuíta ou onerosa) a terceiros que non se correspondan coas persoas cuxos datos fosen comunicados ao Club durante o proceso de pre-reserva e que, de existir sorteo, resultasen agraciadas no mesmo.

Así mesmo, comprométense a aceptar o criterio do Club para a resolución e interpretación de calquera cuestión operativa derivada destas Bases.

11.- Lexislación aplicable e foro

Estas Bases e o Sistema de Pre-reserva réxense pola lexislación española vixente.

Con expresa renuncia a calquera outro foro que puidese corresponderlles, as partes acordan someter calquera controversia que puidese derivarse da súa aplicación ou interpretación á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña, salvo cando a normativa aplicable estableza un foro imperativo distinto e, en particular, cando o/a participante actúe na súa condición de consumidor conforme ao Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.

Texto de introdución na portada / introdución da web

Se es abonado ou abonada do Deportivo, a través deste sitio web podes confirmar o teu interese en dispoñer de entradas para os partidos do DÉPOR. Con esta acción unicamente confirmas o teu interese en poder conseguir entradas para o partido seleccionado.

A adxudicación ou a non dispoñibilidade de entradas será comunicada directamente por correo electrónico aos abonados e abonadas que solicitasen entradas seguindo o proceso establecido.

Lembra que deberás dispoñer da túa entrada válida a través do sistema de venda ou entrega física que o RC Deportivo indique especificamente para cada partido, polo que recomendamos que fagas un seguimento das diferentes canles oficiais de comunicación do Club para estar ao día de todo o relacionado con este proceso.

PREGUNTAS FRECUENTES

Ter completado a pre-reserva garante as entradas?

Non. A pre-reserva só é a confirmación da vontade dun socio ou socia de acceder á compra de entradas. A reserva só será efectiva cando o Club se poña en contacto por correo electrónico coas persoas adxudicatarias das entradas, confirmando este feito.

A pre-reserva ten algún custo?

A pre-reserva non ten ningún custo, pero o Real Club Deportivo de A Coruña solicita aos seus socios e socias que fagan un uso responsable do sistema de pre-reservas para evitar que os procesos de xestión de datos sexan máis complexos e que se prexudique outros abonados ou abonadas que teñan verdadeiro interese en dispoñer de entradas para os partidos.

Non obstante, en ningún caso se entregará a entrada de forma gratuíta. Cada persoa agraciada deberá asumir o pagamento do prezo da entrada en tempo e forma.

Existen prazos para retirar as entradas?

Si. Se a pre-reserva se converte nunha reserva confirmada, a persoa adxudicataria terá un prazo, anunciado publicamente, para facer efectiva a compra.

Se a compra non se formaliza dentro dese prazo, recorrerase, por orde de prioridade e nos prazos comunicados polo Club, á lista de espera ou á venda libre das entradas para calquera afeccionado ou afeccionada, sempre dentro dos prazos publicados nas canles oficiais de comunicación do Club.

O xustificante do pagamento realizado non é válido como entrada.

Como é o proceso de entrega das entradas para os abonados e abonadas adxudicatarios?

Para cada partido, o Club anunciará o procedemento concreto aplicable para a retirada das entradas, indicando, no caso de que esta sexa presencial, o día, a hora e o lugar habilitado.

A retirada será nominativa e deberá realizala persoalmente o abonado ou abonada que resultase agraciado/a no correspondente proceso de asignación.