RCDeportivo Logo
O. Enrique

8

27

Partidos

1

Goles

2

Asistencias

Estadísticas

CEN

Olaya

Enrique

20

Años

1,66

Altura

ESP

Nac.

Olaya Enrique Rodríguez (Avilés, Asturias, 10 de maio de 2005) chegou ao Dépor ABANCA cedida polo Real Madrid CF e converteuse nunha das referentes ao xogar 29 partidos e marcar 5 goles. Antes de chegar ao Dépor ABANCA, na tempada 2023-24, na que alternou o primeiro equipo branco co filial, participou en 6 partidos en Liga F e noutros 2 na Liga de Campións Feminina. Co segundo equipo madridista logrou o ascenso a Primeira Federación Iberdrola con 14 encontros disputados (13 como titular) e con 2 goles anotados. Olaya formouse en varios clubs asturianos como o Femiastur, Real Avilés CF, Versalles, Real Avilés ou o Sporting de Gijón antes de dar o salto ao Real Madrid CF na tempada 2022-23. É internacional española sub-16; campioa do mundo e subcampioa de Europa en 2022 coa selección española sub-17; campioa de Europa coa sub-19 en 2023; e internacional sub-20.

Comprar camiseta