RCDeportivo Logo
A. Ranera

0

Partidos

0

Paradas

Estadísticas

DEF

Adriana

Ranera

21

Años

ESP

Nac.

Adriana Ranera Casanovas (Sant Cugat del Vallès, Barcelona, 7 de xullo de 2005) chega procedente do vixente campión de Europa, onde a pasada tempada deu un importante paso no seu crecemento ao participar en 9 partidos oficiais co primeiro equipo azulgrana.

Ranera debutou co conxunto culé nun encontro da Copa de la Reina fronte ao Deportivo Alavés e, ao longo da campaña, entrou con regularidade nas convocatorias tanto da Liga F como da UEFA Women's Champions League, acumulando experiencia no máximo nivel do fútbol feminino.

Ademais da súa progresión no primeiro equipo, a nova futbolista blanquiazul foi unha peza importante do FC Barcelona B, do que exerceu como capitá e co que conquistou o título de Primeira Federación Iberdrola.

No plano internacional, Adriana Ranera foi unha habitual nas categorías inferiores da selección española, coa que competiu en todas as etapas formativas e proclamouse campioa de Europa sub-19.

Formada desde os 6 anos no Junior de Sant Cugat, a nova defensa blanquiazul continuou a súa progresión no Damm CF antes de incorporarse á canteira do FC Barcelona en 2020.

Coa súa chegada, o Dépor ABANCA reforza a súa liña defensiva cunha futbolista nova, de gran proxección e con experiencia tanto na elite do fútbol español como en competicións internacionais.

Comprar camiseta