
FUNDACIÓN · 10 FEBREIRO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN FAI ENTREGA DO BRAZALETE SOLIDARIO DO MES DE FEBREIRO Á ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO
A RC Deportivo Fundación continúa dando visibilidade a causas sociais a través da iniciativa 'Brazaletes Solidarios'.Este mes de febreiro, esta iniciativa está dedicada á loita contra o cancro, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC).Así, no descanso do partido da pasada fin de semana ante o Albacete BalompIé, o brazalete foi entregado por Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo, a Carlos Lamora, vicepresidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro.Este brazalete, que locen nos partidos os capitáns dos primeiros equipos feminino e masculino do Dépor, simboliza a promoción da investigación, prevención e atención a persoas con cancro.Con este xesto, o RC Deportivo e a súa Fundación pon en valor o traballo da entidade mediante o impulso á ciencia, os hábitos saudables e o acompañamento continuo a pacientes e familias.O proxecto Brazaletes Solidarios é unha iniciativa innovadora e con alto valor social, deseñada pola RC Deportivo Fundación para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada.O mes de outubro o brazalete solidario estivo dedicado á saúde mental a través de FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia); o de novembro, á infancia con Dignidade Galicia; o de decembro á discapacidade a través de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade); e o de xaneiro, á educación coa ONG EDUCO.


O Infantil e o San Tirso SD Infantil inician a División de Ho...

O Dépor ABANCA repite partido en ABANCA-RIAZOR o sábado 3 de ...

Semana grande de Andalucía en ABANCA-RIAZOR, co Sevilla FC o ...

Ximo Navarro: "Non miramos moito a clasificación. É moi cedo....

Antonio Hidalgo insiste en que "sumar é importantísimo"

Os Nosos adéstranse este luns 14 no Dépor Training Center nad...