
CLUB · 27 FEBREIRO 2026
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O DÉPOR - GRANADA CF DO DOMINGO 8 DE MARZO ÁS 21:00 EN ABANCA-RIAZOR
Xa están á venda as entradas para o partido do domingo 8 de marzo ás 21:00 fronte ao Granada CF en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 29ª xornada en LaLiga Hypermotion.Pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres 6 marzo de 9:15 a 14:30.Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.

Leo Román, na súa presentación: "Buscaba un proxecto sólido, ...

Primeiro amigable de preparación este sábado 18 de xullo no E...

Adriana Ranera, nova xogadora do Dépor ABANCA

Antonio Hidalgo aumenta a carga táctica na preparación do Dép...

A Oficina de Atención ao Deportivista amplía o seu horario du...

El Fabril xa se adestra no campo 4 do Dépor Training Center