
FUNDACIÓN · 31 MAIO 2025
ALBERTO E HUGO RÍOS PECHARON O CURSO DA QUENDA DOS VENRES DA SEDE DE ALVEDRO DA ESCOLA RC DEPORTIVO
Os porteiros do Fabril Alberto e Hugo Ríos foron os encargados de clausurar a quenda dos venres da sede de Alvedro da Escola RC Deportivo.Os máis de medio centenar de nenos e nenas recibiron de mans dos dous canteiráns os correspondentes diplomas; tiveron a ocasión de charlar con eles; recoller as súas firmas en camisetas, botas, postais... e facerse fotos con ambos.O pasado mes de outubro arrincou un novo curso, o sétimo, da Escola RC Deportivo nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís; ás que houbo que engadir Sada e Zas.Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.As Escolas RC Deportivo Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís están destinadas a todos os alumnos/as de cada centro que desexen participar.Calquera centro que desexe participar ou queira crear unha Escola RC Deportivo dentro do seu programa de actividades pode contactar coa Dirección en [email protected].

Ademais, na súa localización da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre desenvolveu a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo.Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional puxo en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].


O Dépor ABANCA Alevín conclúe a primeira fase do Torneo LaLig...

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA; con triunfos do Ale...

Nsongo Bil, presente e futuro branquiazul ata 2030

A participación do Dépor ABANCA Alevín desde este venres 12 n...

O DéporCampus de Cee, nos renovados campos de Sampaio de Refo...

Nova semana de torneos en ANOSACANTEIRA e de entrega do trofe...