
DÉPOR ABANCA · 7 SETEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ CRE QUE O DÉPOR ABANCA FIXO EN TENERIFE «UN TRABALLO MOI, MOI BO, DE MOITOS ESFORZOS REPETIDOS DURANTE BASTANTES MINUTOS»
Alberto Rodríguez cre que o Dépor ABANCA, no Heliodoro Rodríguez López, "fixo un traballo moi, moi bo, con moitos esforzos repetidos durante bastantes minutos. E aínda por riba con ese desconto longo".Preguntado polo efecto en As Nosas da alta temperatura á hora do encontro, opina que "coas pausas de hidratación vaise neutralizando, pero é certo que no último treito do partido, tamén coa xente de aquí, apertan, empurran. Aí as emocións son moito máis difíciles de xestionar, o osíxeno tarda máis en chegar".Ademais, ao quedar o Dépor ABANCA con 10 futbolistas pola expulsión de Castyñeiras, "o UD Costa Adeje Tenerife métete atrás, sabes que vai ser moi difícil saír. As súas centrais recollían o segundo balón e volvíannos atacar. Na superioridade que nos trataba de facer Koko sufrimos na liña de fondo, pero nos centros laterais o equipo defendeu ben, conseguimos despexar ben e, sobre todo, que eses despexes non tivesen continuidade con dobres e triplos ataques. Á hora de defender, cortar ese ritmo de ataque do UD Costa Adeje Tenerife foi unha das claves para levar este valioso punto".
Finalmente, Alberto Rodríguez pide agora «limpar a mente, celebrar un pouquiño de aquí á Coruña e, a partir do martes, preparar o partido ante o Real Madrid CF».

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...