RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
"Amargo" empate do Dépor en ABANCA-RIAZOR ante o Cadiz CF a pesar de ser "un equipo dominador, con moito control do xogo"

DÉPOR · 4 XANEIRO 2026

"AMARGO" EMPATE DO DÉPOR EN ABANCA-RIAZOR ANTE O CADIZ CF A PESAR DE SER "UN EQUIPO DOMINADOR, CON MOITO CONTROL DO XOGO"

O Dépor arrincou este domingo 4 de xaneiro con empate (2-2) ante o Cádiz CF un esixente mes de xaneiro.Após os gaditanos chegarán en liga a UD Las Palmas e UD Almería lonxe de ABANCA-RIAZOR; e Real Racing Club en casa. Todos equipos instalados na zona nobre.Entre medias, haberá cita copeira, oitavos de final, cun dos equipos 'grandes' de España en ABANCA-RIAZOR.Antonio Hidalgo falou na sala de prensa de sensación "amarga. Aquí só vale meter goles e cando metes os mesmos que o rival é un punto para cada un".Con este empate, o Dépor suma 33 puntos na 5ª posición.Os Nosos presentáronse ante #ANOSAFORZA con dous novos reforzos: o porteiro Álvaro Ferllo e o lateral dereito Adrià Altimira. Ambos foron titulares en detrimento de Germán e de Lucas Noubi, que pasou ao centro da zaga xunto a Loureiro.O técnico deportivista explicou que "cría que era o momento de darlle unha volta á portería. Coñezo perfectamente o que nos podía dar. E con Alti non sabiamos se polo de inicio ou non. Fixo un gran partido ata que puido. Estou moi contento coa actuación dos dous".Coas ausencias dos lesionados Ximo Navarro, Escudero e Daniel Bachmann, o dianteiro Bil foi o representante de ANOSACANTEIRA.O outro cambio respecto ao once foi a presenza de Stoichkov por Eddahchouri na punta de ataque.Adiantouse pronto o Dépor no marcador. Mella recolle un balón na área e, a pesar de estar case sen ángulo, marca após tocar o balón nun defensa e despistar á meta Aznar.Empatou o Cádiz CF aos 20 minutos nunha xogada ensaiada que rematou o lateral Jorge More libre de marca na área.O partido volvía á casa de saída, pero por pouco tempo.Villares xuta desde a frontal da área e o balón cóase na portería do Cádiz CF após tocar nun defensor amarelo. O Dépor volvía porse por diante.O porteiro Aznar evitou o terceiro do Dépor ao despexar na mesma raia de gol unha cabezada no segundo pau de Loureiro, libre de marca.Así se chegou ao descanso.Após o paso polos vestiarios Aznar evita o terceiro nunha gran parada a disparo de Stoichkov. Corría o minuto 57.As chegadas sucedíanse sobre todo en área cadista.Iso si, os de Garitano inquietaron a Álvaro Ferllo con disparos de García Pascual (minuto 67) alto; e de Álex Fernández (min. 71) á dereita da portería deportivista.Mario Soriano, no 77, estrela o balón no lateral da rede amarela após recibir de Stoichkov.O partido torceuse na recta final posto que igualou o Cádiz CF no minuto 85 nunha contra que resolveu de maneira individual Tabatadze.O preparador branquiazul cre que é un gol "moi evitable. Podemos parar esa contra. Nese un contra un podemos decidir cara a onde orientar ao xogador. Non o podemos recibir nunca".Con este mazazo chegouse ao final do encontro."Fomos un equipo dominador, con moito control do partido, chegamos moitas veces á área contraria, puidemos facer o terceiro e non foi así", concluíu Antonio Hidalgo.Deportivo: Álvaro Ferllo, Altimira (Dani Barcia, min. 80), Lucas Noubi, Loureiro, Quagliata, Villares (Eddahchouri, min. 86), Mario Soriano, Mella (Patiño, min. 70), Yeremay, Luismi e Stoichkov (Bil, min. 80)Cádiz CF: Aznar, Jorge More, Moussa, Íker Recio, Brian (Antoñito Cordero, min. 51), Ortuño (Álex Fernández, min. 69), Dawda (Tabatadze, min. 69), De la Rosa (Roger, min. 69), Climent, García Pascual e Juan DíazÁrbitro: Alejandro Ojaos, do comité murciano. Amoestou a Mario Soriano (min. 20), Mella (min. 32), Brian (min. 44), Quagliata (min. 72), Climent (min. 74), Loureiro (min. 89) e García Pascual (min. 90)Goles: 1-0 Mella (min. 6) 1-1 Jorge More (min. 21); 2-1 Villares (min. 24); 2-2 Tabatadze (min. 85)Incidencias: partido da 20ª xornada de LaLiga Hypermotion disputado en ABANCA-RIAZOR ante 23.453 espectadores