RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antía Veiga disputará coa selección española sub-17 dous amigables ante Inglaterra

CANTERA · 20 AGOSTO 2025

ANTÍA VEIGA DISPUTARÁ COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-17 DOUS AMIGABLES ANTE INGLATERRA

Antía Veiga Caramés (Ames, 9 de maio de 2009) foi convocada pola selección española sub-17 para disputar dous partidos amigables ante Inglaterra neste mes de agosto.A canteirá branquiazul incorpórase á concentración do equipo nacional en Alfaz del Pi este mércores 27 de agosto.Os encontros ante as inglesas xogaranse en La Nucía con este calendario:Xoves 28 de agosto11:00: ESPAÑA - INGLATERRA no Estadio Camilo Cano de La NucíaDomingo 31 de agosto11:00: ESPAÑA - INGLATERRA, no Estadio Camilo Cano de La NucíaFinalizado este segundo choque, a porteira deportivista regresará á Coruña.Antía Veiga, que chegou en cadetes a #ANOSACANTEIRA, acaba de renovar o seu contrato polo RC Deportivo até xuño de 2028.